As outras voces de Israel e Palestina

As outras voces de Israel e Palestina

Ano: 2008

Duración: 25 minutos

País: Palestina, Israel e España

ONGDs: AGARESO e ACPP

Sinopse: No 1947, a ONU decidiu a partición de Palestina para crear o Estado de Israel. Dende entón sucederonse os enfrontamentos armados entre ambos pobos. Moitas persoas queren deixar atrás a violencia e facer fronte aos clichés, barreiras e muros. Son as outras voces, as voces de Israel e Palestina.

Agareso e Asemblea de Cooperación Pola Paz (ACPP) pretenden achegar á cidadanía galega, desde a perspectiva dos Dereitos Humanos e do cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio (ODM), a situación en Oriente Próximo e o traballo realizado pola sociedade civil palestino-israelí co fin de lograr unha solución pacífica do conflito desta zona.

A través deste proxecto trátase de dar voz a aquelas organizacións sociais, especialmente as israelís, xa que son as máis descoñecidas, que traballan día tras día, facendo denuncia de situacións insostibles e violacións dos dereitos humanos que sofre a poboación palestina, e que fomentan o reencontro e a cooperación entre ambos pobos.

Son voces portadoras dunha esperanza para producir un cambio na opinión pública que permita un camiño sostible de paz.

 

 

Share This