100% Muller

100% Muller

Ano: 2008

Duración: 15 minutos

País: Marrocos e España

ONGDs: AGARESO, Atawssoul e Cento por cento Mamá

Sinopse: Una visión precisa das condición de vida e da realidade diaria das mulleres que viven nas grandes urbes marroquís

Agareso mostra a través deste documental o proxecto de alfabetización e formación da muller traballadora marroquí no norte deste país africano. Unha iniciativa de acción social que está a ser desenvolvida por asociacións locais como Atawassoul ou Cento por cento Mamás. O documental profunda ademais na lenta  evolución das desigualdades de xénero, sociais e laborais no Magreb.

A gravación vén precedida dun período de convivencia con obreiras da cidade de Tánxer, ao norte de país. O equipo de reporteiros/as executou este proxecto durante o mes de agosto de 2008 coa finalidade de descubrir as duras situacións que deben sortear as protagonistas do documental nos ámbitos sociais, laborais e familiares, ao atoparse inmersas nunha sociedade con recios edictos marcados polos homes historicamente.

Este é o primeiro traballo audiovisual da ONG Agareso na visibilización dun contexto social determinado, nace da invitación cursada pola Organización Amarante que desempeña proxectos de cooperación en materia de alfabetización e empoderamento da muller na zona.

O papel das dúas contrapartes locais, Atawssoul e Cento por cento Mamá, foi transcendental para o resultado final. Profundar na existencia das traballadoras do téxtil, a manufactura e conserva da zona é o principal obxectivo deste comprometido traballo.

Share This