Golfo de Fonseca: A loita por un futuro sostible

Golfo de Fonseca: A loita por un futuro sostible

Autor: Carlos Puga

Obxectivo: Sensibilización ambiental

Fotografías: 61 imaxes

País: Nicaragua, Honduras, El Salvador, España

Ano: 2009

Esta exposición formou parte dun proxecto máis amplo que incluiu un documental, un blog e a creación dun fotolibro

 

O proxecto “Golfo de Fonseca: A loita por un futuro sostible”, cofinanciado pola Xunta de Galicia e a AECID, visibiliza o traballo a prol da peca artesanal realizado por Amigos da Terra e os seus parceiros na zona onde converxen as augas de Nicaragua, Honduras e El Salvador. Paisaxes, cooperativas de mulleres e labores tradicionais protagonizan algunhas das instantáneas da exposición, que ademais denuncian as duras condición de traballo nas salineras ou a contaminación que acaba coa vida no mal.

As  fotografías de Carlos Puga tamén amosan os resultados positivos que achegou a cooperación, como as pasarelas para protexer o mangleiro, os plans de formación ou a construción de centros de acopio. Ao mesmo tempo, as imaxes recollen a cara máis crúa da realidade centroamericana: nenas e nenos sen escolarizar, familias moi pobres que se ven abocadas á tala do bosque, queima de lixos na rúa, etc. A mostra pretende sensibilizar sobre o coidado do medio ambiente.
Share This