Agareso Radio repasa a historia e os obxectivos do Día Mundial da Liberdade de Prfensa e debate con xornalistas en activo o estado actual da profesión e dos medios de comunicación.
Download Embed Insertar este video en tu web
Agareso implementou no verán de 2011 o seu primeiro proxecto de Comunicación para o Desenvolvemento no exterior. O equipo integrado polas xornalistas Susana Alvite e Carmen Novas impartiu sete obradoiros de radio noutras tantas escolas do Bajo Lempa.
A través da rede REAL CODE, promovida por docentes das tres universidades galegas, esta semana celebran o seu primeiro encontro presencial para establecer liñas de traballo conxuntas.
Con motivo da conmemoración do Día Internacional do Desaparecido, celebrado cada 30 de agosto, Reporteiros Sin Fronteras recorda que moitos países aínda violan o dereito internacional nesta materia, incluída a "Convención Internacional para a protección de todas as persoas contra as desaparicións forzadas", adoptada pola Asemblea Xeral da ONU en 2006.
O blog Referencias reflexiona sobre unha organización exemplar que non dubidou en apoiar os seus proxectos na Comunicación para o Desenvolvemento para amplificar a voz dos campesiños e desenvolver criterios nítidos de Soberanía Alimentaria.
Durante os días 25, 26 e 27 de xullo celebrouse na UIMP de Santander unha nova edición dos seminarios que coordina e organiza a axencia Interpress Service (IPS) financiado e promovidos pola AECID. Os países do Sur reivindican non só voz propia senón un xeito diferente de enfocar a cooperación dende o eixe Sur-Sur, que tamén debe reflectirse nunha comunicación ata o día de hoxe pensada e monopolizada polo Norte.
CIC BATÁ convoca un Encontro e Laboratorio de Acción en Educación e Comunicación para o desenvolvemento, que persegue o intercambio de experiencias que fomenten a participación activa da cidadanía na transformación das súas realidades.
O blog Referencias analiza que a manifestación da Comunicación para o Desenvolvemento ten, afortunadamente, incontables experiencias emprendidas por organizacións comprometidas con implementar este enfoque en parte dos seus proxectos. Nembargantes, e por desgracia, é a gran desaparecida na acción e cooperación ao desenvolvemento do ambito autonómico e estatal.
¿Como dar voz aos colectivos e persoas que non a teñen? Non é unha pregunta con resposta fácil. O que parece claro é que tanto medios comunicación como organizacións non gobernamentais teñen que facer un esforzo para procurar estratexias que saquen á luz as opinións, os sentimentos e as reivindicacións dos seus beneficiarios.
A asociación andaluza CIC Batá (Centro de Iniciativas para a Cooperación Batá) abre a IV convocatoria do Premio Córdoba á Comunicación. As organizacións dedicadas á comunicación no seu ámbito de actuación están chamadas a presentarse ao proceso de selección para optar ao Premio Córdoba á Comunicación 2011.

Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-SenObraDerivada 3.0 Unported de Creative Commons
Icons by http://dryicons.com
Powered by Joomla | Proxecto web de AB Serveis Tecnològics