AGARESO pon en marcha un novo proxecto de sensibilización sobre colectivos en risco de exclusión social e as iniciativas promovidas para a súa inclusión na sociedade e para promover un cambio social entre a poboación galega. Neste caso, farao a través do proxecto 'Di-k-non', promovido pola Fundación Barrié e a Unidade Terapética Educativa (UTE) do centro penitenciario de Teixeiro (A Coruña).
As remesas que envían os traballadores emigrantes de Guatemala permiten ás súas familias cubrir as súas necesidades básicas e acceder a algúns servizos, pero a ausencia dos pais afecta o comportamento dos nenos e adolescentes que permanecen no seu país.
O mundo alberga ao maior número de adolescentes da historia, ao redor de 1.800 millóns de entre 10 e 24 anos de idade. Case a metade son nenas e afrontan maiores desigualdades sociais, riscos de saúde e discriminación de xénero que os homes. Para dar a coñecer estas situacións a Radio da ONU puxo en marcha o Proxecto 15.

Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-SenObraDerivada 3.0 Unported de Creative Commons
Icons by http://dryicons.com
Powered by Joomla | Proxecto web de AB Serveis Tecnològics