"Un reporteiro comprometido é algo máis que unha imaxe ou un millar de palabras. É un enviado especial a unha sociedade do futuro aliada coa esperanza"
Proxectos Amosando elementos por tag Prisión

Agareso pon en marcha un blog que recolle o día a día do programa integral de comunicación para o desenvolvemento que ten en marcha no centro penitenciario da Lama (Pontevedra).

Publicado Proxectos
Sábado, 21 Abril 2012 20:40

'Di-K-Non', en primeira persoa

Os seus protagonistas falan en profundidade sobre o obradoiro de prevención en consumo de drogas en adolescentes “Di K Non” para Agareso radio.

Download Embed Insertar este video en tu web

Publicado AG Radio
Domingo, 22 Xaneiro 2012 22:32

'Di-k-non'

AGARESO pon en marcha un novo proxecto de sensibilización sobre colectivos en risco de exclusión social e as iniciativas promovidas para a súa inclusión na sociedade e para promover un cambio social entre a poboación galega. Neste caso, farao a través do proxecto 'Di-k-non', promovido pola Fundación Barrié e a Unidade Terapética Educativa (UTE) do centro penitenciario de Teixeiro (A Coruña).

Publicado Proxectos
Domingo, 22 Xaneiro 2012 22:01

A onde te pode levar non decir non á droga

AGARESO realiza a súa segunda incursión nas accións desenvolvidas no obradoiro para a prevención do consumo de substancias psicoactivas en adolescentes " DI-K-Non", creado pola Unidade Terepéutica Educativa do Centro Penitenciario de Teixeiro (A Coruña) e a Fundación Barrié.

Publicado Reportaxes

AGARESO mantén aberto o prazo de preinscripción para a participación na súa IV Convención Anual Comunicación Cooperación, Solidariedade.

Publicado Formación

Como Nai, Gloria, considera que é o seu deber non deixar de visitar os seus fillos. Como Esposa, Rosa Elena, cre que deixar de visitar o seu esposo que está preso non sería o correcto. Como Hija, Josefina pensa que se non ve o seu pai é mala muller. As tres viaxan nun camión rumbo ao penal. Están libres pero seguen visitando os seus familiares presos.

Publicado Reportaxes
Mércores, 30 Marzo 2011 13:18

Comunicación para a liberdade

Visitamos o Centro Penal da Lama en Pontevedra, penal que conta con 1570 internos, dos que 400 forman parte dos módulos de respecto. Neste centro a comunicación, en calquera das súas acepcións, é a base de calquera programa de reinserción. Así, nos módulos de respecto, ofrécense actividades para a adquisición de habilidades comunicativas, a formación profesional e a formación específica en comunicación para prensa e radio.

Publicado Reportaxes

Traballar como funcionario de prisións dende hai máis de dúas décadas permite facer un importante percorrido polo pasado. Tomás Acuña relata no espazo 'Refencias' algunha das súas vivencias e reflexiona sobre o sistema penitenciario do último lustro. "Había protexidos dos protexidos. Internos que se refuxiaban doutros internos que á súa vez refuxiábanse doutros; os motíns, altercados e desordenes colectivos estaban á orde do día", relata.

Publicado Blog-Referencias

Estes premios recoñecen a importancia que debe darse á eliminación das desigualdades ante a educación e á supresión de discriminación dos grupos desfavorecidos ante a formación básica, así como o labor realizado por aquelas institucións públicas ou entidades privadas sen ánimo de lucro que se distingan pola súa achega eficaz á supresión do analfabetismo, tanto o tradicional como o que poida xerar o progreso científico e tecnolóxico.

Publicado España

ESCOITA Agareso Radio

AGARESO Radio

Winamp  windows Media Player  Real Player  QuickTime


Axenda

Buscar

Calendario

« Maio 2012 »
Lun Mar Mer Xov Ven Sab Dom
  1 2 3 4 5 6
7 8 9 10 11 12 13
14 15 16 17 18 19 20
21 22 23 24 25 26 27
28 29 30 31