Durante tres semanas de xullo de 2010, catro reporteiros de AGARESO –os redactores Xurxo Salgado e Gonzalo Brocos, o cámara Suso Lago e eu, Marcos Canosa– viaxamos por América Central para elaborar unha reportaxe sobre a pesca artesanal no Golfo de Fonseca. Na nosa viaxe visitamos comunidades de mariñeiros en Nicaragua, O Salvador, Guatemala e Honduras.
AGARESO visibiliza os proyectos de desenvolvemento que Cooperación Galega ten en marcha en tres países de Centroamérica coa fin de darlle cobertura ás necesidades sociais básicas da poboación, promover infraestruturas e unha promoción do tecido económico, apoiar a participación social, defender o medio ambiente, acadar unha maior sensibilización social e educación ao desenvolvemento e, dunha forma moi especial en moitos deles, favorecer a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes.
Amigos da Terra e a Asociación Galega de Reporteiros Solidarios (AGARESO), a través dun convenio colaboración, desenvolven un proxecto de sensibilización para dar a coñecer o traballo que se leva a cabo no Golfo de Fonseca (Honduras, O Salvador e Nicaragua) en temas de pesca artesanal sostible.
AGARESO volveu a Centroamérica. Nesta ocasión, Honduras, Nicaragua, O Salvador e Guatemala foron os destiños desta nova viaxe na que catro reporteiros afondaron nos retos e problemas das redes de pesca artesanal.
A pesca en América Central é máis que un traballo, é case unha filosofía de vida. O mar, os esteiros e as desembocaduras dos ríos crean paraxes naturais de gran beleza que serven de sustento a centos de familias. Ata fai ben pouco, o mariñeiro mimaba o mar e tratábao co mesmo cariño que a un fillo. Hoxe, a contaminación, a proliferación de artes prohibidas e a instalación de grandes factorías está provocando cambios profundos en paisaxes e ecosistemas seculare.

Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-SenObraDerivada 3.0 Unported de Creative Commons
Icons by http://dryicons.com
Powered by Joomla | Proxecto web de AB Serveis Tecnològics