A educación é o piar fundamental do desenvolvemento, pero non en todos os contextos é útil o mesmo tipo de formación. Cando os recursos económicos escasean e os nenos e nenas deixan a escola para axudar aos seus pais no seu traballo, hai que pensar en equilibrar a teoría e a práctica. Pensar en que tipo de educación contribuiría a mellorar as súas condicións de vida. Este é o obxectivo dos proxectos educativos da Asociación Chira e Educación sen Fronteiras.
Os dous países teñen declarado o Estado de Emerxencia e Calamidade Nacional despois de sufrir fortes inundacións
O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, recibiu este venres á Xunta Directiva da Coordinadora Galega de ONGD, á que asistiron por parte da Coordinadora a presidenta, Gema Filgueira, a vicepresidenta, María Paz e a secretaria, Judith Sing, e informoulle das grandes liñas do orzamento para o ano 2012, en cooperación para o desenvolvemento
O corenta por cento dos nenos e nenas peruanos padecen desnutrición crónica, non só pola falta de recursos económicos senón tamén pola falta de educación en nutrición. A pesar de ser un país eminentemente pesqueiro a súa poboación só consume carne, o que dificulta que teñan os nutrientes suficientes para un bo desenvolvemento físico e mental.
O director xeral de Relacións Exteriores da Xunta de Galicia, Jesús Gamallo Alller e a subdirectora xeral de Cooperación Exterior, Piar Romeiro, xunto ao resto da delegación, percorreron este mércores a zona máis montañosa da rexión de Piura para comprobar os beneficios que tivo en centos de campesiños o apoio económico do goberno galego e o gran traballo das ONG Escaes-Perú e Axuda en Acción.
O director xeral de Relacións Exteriores da Xunta de Galicia, Jesús Gamallo Alller, e a subdirectora xeral de Cooperación Exterior, Pilar Romero, xunto ao resto da delegación, tiveron este mércores unha intensa xornada de traballo e verificación de proxectos no departamento de Piura, o norte de Perú.
Durante a segunda xornada de visita institucional a Perú o director xeral de Relacións Exteriores da Xunta de Galicia, Jesús Gamallo Alller, e a subdirectora xeral de Cooperación Exterior, Pilar Romero, tiveron a oportunidade de comprobar os grandes avances que conseguiu a Asociación Peruana de Hemofilia na atención dos enfermos crónicos, grazas ao tesón dos seus voluntarios e ao apoio económico do goberno galego.
A Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza desestimou o recursos de reposición presentado pola Coordinadora Galega de ONGD contra a Orde do 24 de maio de 2011, pola que se deixa sen efecto a convocatoria de proxectos de acción humanitaria no exterior.
Solidariedade Internacional de Galicia en colaboración con Farmamundi, Acsur e Arquitectos sen Fronteiras convidou aos nenos e nenas galegos/as a coñecer a historia e as reinvidicacións actuáis da poboación indíxena de Guatemala, especialmente as das súas mulleres.

Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-SenObraDerivada 3.0 Unported de Creative Commons
Icons by http://dryicons.com
Powered by Joomla | Proxecto web de AB Serveis Tecnològics