"Un reporteiro comprometido é algo máis que unha imaxe ou un millar de palabras. É un enviado especial a unha sociedade do futuro aliada coa esperanza"
Proxectos Amosando elementos por tag ACPP

As ONGD ACPP e Agareso presentarán este luns 16 ás 22:30 horas no Auditorio Municipal de Ourense os documentais “Camiños de Paz: Outras Voces de Israel e Palestina” e “Palestina sen Barreiras”, elaborados en conxunto por ambas organizacións, co obxectivo de aportar unha ollada distinta sobre o conflito palestino-israelí e as necesidades da poboación civil. Ademais desde o venres 13 poderase visitar a exposición fotográfica “Outras voces de Israel” elaborada dentro do mesmo proxecto.

Publicado Reportaxes

As ONGD presentan este xoves 10 de novembro, ás 20.00 horas, o documental ‘Camiños de Paz. As Outras Voces de Israel e Palestina’ no Casino Mercantil de Pontevedra. Durante o acto inaugurase tamén a exposición “Outras voces de Israel” elaborada dentro do mesmo proxecto.

ACPP e AGARESO dan comezo este martes 4 de outubro a un ciclo de cinema sobre a ocupación palestina no Salón Multiusos da Facultade de Ciencias da Educación de Ourense.

Publicado Reportaxes

As dúas ONGD dan comezo este luns 6 de xuño a esta actividade no Salón de Graos da Facultade de Ciencias Políticas e Sociais da USC coa proxección do documental ‘Ao outro lado’ e remátana o venres 10 cunha charla do activista palestino Sami Dawood na Casa das Campás de Pontevedra.

A ONGD Asociación de Estudos e Alternativas (ALTERNAG) recibiu formalmente o 12 de abril unha nova sede no barrio de Belén, cuxa construción foi financiada pola organización española Asemblea de Cooperación pola Paz (ACPP), a través do Goberno de España.

Na protesta contra o asentamento xudeu situado no corazón de Hebrón atopámonos con Amitai Sandy, un mozo israelí que defende a causa palestina. Responde as preguntas das xornalistas de AGARESO en inglés. Consegue que a súa voz soe máis forte que o “Free, free Palestine” que corean os manifestantes.

Publicado Entrevistas
Mércores, 23 Febreiro 2011 11:43

Aprende a cooperar dende o terreo

Por décimo cuarto ano consecutivo, Asemblea de Cooperación Pola Paz organiza, durante o verán de 2011, Cursos de Cooperación sobre o Terreo en 11 dos varios países do sur nos que traballamos: República Dominicana, Guatemala e O Salvador, Guinea Bissau, Haití, Honduras, Senegal, Tunes, Marrocos e Palestina e Israel.

Asemblea de Cooperación Pola Paz (ACPP), en colaboración co Departamento de Xuventude do Concello de Arteixo, organiza o “Curso de Introducción á Cooperación ao Desenvolvemento e a Educación en Valores”.

A ONGD Asemblea de Cooperación pola Paz e a Editorial OQO presentan en Lugo, o vindeiro luns, 27 de decembro, o libro infantil “A sombra dos anacardos”. Unha publicación que contou coa subvención da Xunta de Galicia e que pretende contribuír ao coñecemento e á sensibilización do VIH en Guinea Bissau.

Agareso (Reporteiros Galegos Solidarios) e ACPP (Asemblea de Cooperación Pola Paz) intentan mellorar o coñecemento da cidadanía, desde a perspectiva dos dereitos humanos e cumprimento da ODM (Obxectivos do Milenio), sobre a situación en Oriente Próximo e o traballo realizado pola sociedade civil palestino-israelí.

Publicado Proxectos
Inicio
Anterior
1
Páxina 1 de 2

ESCOITA Agareso Radio

AGARESO Radio

Winamp  windows Media Player  Real Player  QuickTime


Axenda

Buscar

Calendario

« Maio 2012 »
Lun Mar Mer Xov Ven Sab Dom
  1 2 3 4 5 6
7 8 9 10 11 12 13
14 15 16 17 18 19 20
21 22 23 24 25 26 27
28 29 30 31