O fotógrafo Óscar Dacosta e o redactor Roi Palmás intentaron plasmar nas súas crónicas a radiografía socio-económica que se respira en Kiev, a capital, e no resto de poboacións dun país tan rico como azoutado por diversos axentes.
A realidade dos orfanatos, o precario sistema sanitario vixente ou as dificultades para lograr saír á flote nun medio hostil son só algúns dos argumentos escritos e fotografados polo equipo de Agareso.
Ademais, os nosos reporteiros pisaron un dos escenarios máis tristemente afamados do planeta: Chernóbil e o cuarto reactor, responsable directo dunha das catástrofes máis violentas da Historia e que segue, moitos anos despois, sendo a causante de miles de problemas derivados na poboación ucraína e de moitos outros países dos arredores.
| Proxecto |
AGARESO en Ucraína: axuda humanitaria |
| Localización | Kiev (Ucraína) |
| Data | Novembro 2009 |
| Equipo | Roi Palmás e Óscar Dacosta |
| Blog | http://agaresoenucrania.blogspot.com/ |











