AG Radio
13/06/2012
A Radio dos Gatos', nova colaboración de ASPACE e Agareso
'A Radio dos Gatos' é un proxecto de ASPACE Coruña que semanalmente reúne un grupo de usuarios do centro arredor dos micros. Falan sobre dereitos, efemérides, cine, o tempo...
Comezaron publicando o seu programa a través da páxina web do Concello de Sada, despois a través da súa páxina en facebook e, a partir desta semana, tamén está dispoñible no web de Agareso e en AG Radio.
Download Embed Embed this video on your site








