"Un reporteiro comprometido é algo máis que unha imaxe ou un millar de palabras. É un enviado especial a unha sociedade do futuro aliada coa esperanza"
Proxectos AGARESO en Centroamérica: Cooperación Galega
Domingo, 22 Novembro 2009 06:30

AGARESO en Centroamérica: Cooperación Galega

Escrito por agareso
Valore este artigo
(1 vote)
AGARESO en Centroamérica: Cooperación Galega Chus Álvarez

AGARESO visibiliza os proyectos de desenvolvemento que Cooperación Galega ten en marcha en tres países de Centroamérica coa fin de darlle cobertura ás necesidades sociais básicas da poboación, promover infraestruturas e unha promoción do tecido económico, apoiar a participación social, defender o medio ambiente, acadar unha maior sensibilización social e educación ao desenvolvemento e, dunha forma moi especial en moitos deles, favorecer a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes.

O programa máis ambicioso que actualmente acomete Galicia na zona, e o que centra a maior atención da expedición, é un proxecto de formación para a pesca artesanal (PROFOPAC) que afecta a sete países do istmo centroamericano: O Salvador, Honduras, Guatemala, Nicaragua, Panamá, Costa Rica e Belize.

Dúas reporteiras de AGARESO visitan República Dominicana, O Salvador e Guatemala para o seguimento e a análise duns proxectos de cooperación ao desenvolvemento en tres países considerados prioritarios dentro do Plan Director da Cooperación Galega. Chus Álvarez (fotógrafa) e Loreto Costa (redactora) recollen os detalles destes proxectos e a súa achega ao desenvolvemento dos tres países afectados.

A visita a República Dominicana permite visibilizar un programa integral de mellora do barrio de Sta. Lucía/A Mosca en Santiago de los Caballeros posto en marcha por Cooperación Galega ante os graves problemas medioambientais e de saúde da poboación, así como coñecer o desenvolvemento das iniciativas que se están acometendo para a mellora das condicións de vida e prevención de desastres naturais, con especial incidencia na equidade de xénero, e a reactivación da colaboración en Ciencia e Tecnoloxía entre Galicia e República Dominicana.

No Salvador abórdanse cinco iniciativas de cooperación ao desenvolvemento, entre as que salientan, á marxe do programa de formación para a pesca artesanal, un proxecto de fortalecemento do sistema público sanitario e da xestión local da área materno materno-infatil do Hospital Nacional Xeral Dr. Jorge Manzini Villacorta, outro para fortalecer as capacidades pedagóxico-organizativas da comunidade educativa de 16 comunidades rurais, un plan de promoción do tecido asociativo de cinco iniciativas de economía solidaria en materia pesqueira e a planificación estratéxica e desenvolvemento organizativo da Asemblea Nacional de Traballadores Agropecuarios (ANTA).

No caso de Guatemala, cobren as iniciativas de cooperación ao desenvolvemento financiadas pola Xunta de Galicia, entre as que destacan polo seu impacto directo na mellora das condicións de vida da poboación e o seu apoio ao desenvolvemento autónomo un plan de mellora da calidade da atención obstréticia presentada polas comadroas tradicionais e enfermeiras ou o apoio que se lle dá ás mulleres maias para que teñan posibilidade de incidir ante as autoridades e sociedade civil para a diminución da violencia de xénero e a discriminación.

Proxecto
AGARESO en Centroamérica: Cooperación Galega
Localización República Dominicana, Guatemala, O Salvador
Data Novembro 2009
Equipo Chus Álvarez, Loreto Costa
Blog http://agaresoencentroamerica.blogspot.com/

Información adicional

  • Subtítulo:
agareso

agareso

ONGD Asociación Galega de Reporteiros Solidarios

Páxina web www.agareso.org E-mail: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

Engadir comentario


ESCOITA Agareso Radio

AGARESO Radio

Winamp  windows Media Player  Real Player  QuickTime


Axenda

Buscar

Calendario

« Maio 2012 »
Lun Mar Mer Xov Ven Sab Dom
  1 2 3 4 5 6
7 8 9 10 11 12 13
14 15 16 17 18 19 20
21 22 23 24 25 26 27
28 29 30 31