"Un reporteiro comprometido é algo máis que unha imaxe ou un millar de palabras. É un enviado especial a unha sociedade do futuro aliada coa esperanza"
Proxectos AGARESO en Ecuador: comercio xusto
Martes, 29 Xuño 2010 15:01

AGARESO en Ecuador: comercio xusto

Escrito por agareso
Valore este artigo
(0 votos)
AGARESO en Ecuador: comercio xusto Miguel Núñez

Unha expedición composta por seis reporteiros de AGARESO co obxectivo de gravar en Ecuador un documental sobre o comercio xusto, ou como prefiren chamalo por estas terras, comercio alternativo.

Alejandro Espiño, Carlos Fariña, Rita Pérez, Miguel Núñez, Juan de Sola e o noso correspondente en Ecuador, Wilson Morales, desvelan os segredos da relación entre a ONGD Amarante (Galicia) e a Fundación Maquita (Ecuador), unha organización social de referencia no sector primario e social. Nos últimos anos, logrou conxugar o cultivo sostible, a manufactura e a comercialización, sen esquecerse da peza clave da engrenaxe: o campesiño e a súa cooperativa.

Produtos que nacen a un lado e se consumen no outro, coa etiqueta e certificado de xustiza, igualdade e desenvolvemento para numerosas comunidades da serra e costa de Ecuador. Unha filosofía resumida nunha as frases que presiden na memoria da fundación: "Deamosnos a man para comercializar como irmáns".

O proxecto do documental sobre o comercio xusto que propomos gravar pretende analizar o fenómeno que supón o comercio xusto, visto desde a óptica das tres grandes áreas que forman o seu proceso produtivo: a colleita, a manufacturación do produto e a distribución e venda tanto no comercio como no exterior do país.

A cultura andina acolleu cunha xenerosa aperta esta iniciativa de visibilizar as súas accións modélicas na estrutura dunha complexa organización.

Proxecto
AGARESO en Ecuador: comercio xusto
Localización Ecuador
Data Xuño 2010
Equipo Juan de Sola, Álex Espiño, Miguel Núñez, Rita Pérez, Carlos Fariña, Wilson Morales
Blog http://agaresoenecuador.blogspot.com/

Información adicional

  • Subtítulo:
agareso

agareso

ONGD Asociación Galega de Reporteiros Solidarios

Páxina web www.agareso.org E-mail: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

Engadir comentario


ESCOITA Agareso Radio

AGARESO Radio

Winamp  windows Media Player  Real Player  QuickTime


Axenda

Buscar

Calendario

« Maio 2012 »
Lun Mar Mer Xov Ven Sab Dom
  1 2 3 4 5 6
7 8 9 10 11 12 13
14 15 16 17 18 19 20
21 22 23 24 25 26 27
28 29 30 31