Coñecemos de primeira man como viven as comunidades pesqueiras do Pacífico. Alí Ospesca, organismo centroamericano do sector pesqueiro, Cooperación Galega (Xunta de Galicia) e as ONG Amigos da Terra e Asemblea de Cooperación pola Paz colaboran conxuntamente en varios proxectos de rexeneración, comercialización e formación dos mariñeiros locais.
A pesca artesanal, os seus retos e os seus problemas, foi o fío condutor do traballo que desenvolveu AGARESO. Ao longo de todo a viaxe, tamén prestamos especial atención aos efectos provocados pola tormenta tropical 'Agatha'.
Á perda de vidas humanas e aos danos materiais que figuran nos balances máis inmediatos da tormenta, houbo que sumar outros riscos a medio prazo, como os sanitarios ou a posibilidade de crise alimentarias pola perda de colleitas. Nós analizamos como afectará 'Agatha' á vida cotiá da poboación e á marcha dos proxectos de cooperación en curso, procurando unha ollada máis alá da catástrofe inmediata.
O equipo de Agareso estivo integrado polo cámara Suso Lago, o fotógrafo Marcos Canosa e os xornalistas Gonzalo Brocos e Xurxo Salgado.
Eles entenderon que só coñecendo día a día outras realidades pódense comprender. Que só comprendendo pódese promover a solidariedade. E que a solidariedade é a base para percibir que formamos parte dunha cidadanía global, na que dereitos e deberes viaxan máis alá das fronteiras.
| Proxecto |
Pesca artesanal en Centroamérica |
| Localización | Honduras, Nicaragua, O Salvador, Guatemala |
| Data | Xuño 2010 |
| Equipo | Suso Lago, Marcos Canosa, Gonzalo Brocos e Xurxo Salgado |
| Blog | http://agaresopescacentroamerica.blogspot.com/ |











