Actores e accións sociais, implicados en mellorar as condicións de vida e esquivar con eficacia os futuros problemas que freen calquera oportunidade de desenvolvemento, convértense nos protagonistas do noso regreso a Marrocos, nunca exento de numerosas novidades por retratar.
Ademais, a expedición pretende coñecer algúns proxectos de cooperación ao desenvolvemento, de moi diversa tipoloxía, que formarán parte da Rede de Proxectos que Agareso persegue construír nesta realidade. Este tecido será o campo de traballo da visibilización para universitarios, matriculados no Seminario de Xornalismo Social que este ano se porá en marcha en colaboración coa Universidad de Santiago de Compostela.
Os nosos reporteiros Juan de Sola, Rocío Cadahía e Antonio Grunfeld danvos a benvida a este lado do Estreito.
| Proxecto |
Perfís do Estreito |
| Localización | Marrocos |
| Data | Agosto 2010 |
| Equipo | Juan de Sola, Rocío Cadahía e Antonio Grunfeld |
| Blog | http://perfilesdelestrecho.blogspot.com |











