Proxectos

06/11/2012

Así Suena El Lempa: Pescadores de El Salvador intercambian experiencias con mariñeiros galegos

Pescadores de El Salvador están a percorrer  a costa galega para coñecer experiencias no eido da pesca tradicional, o marisqueo, a acuicultura ou o turismo mariñeiro.

A actividade encádrase no proxecto de cooperación a prol da pesca artesanal e sostible que Asemblea de Cooperación pola Paz promove na rexión salvadoreña do Bajo Lempa, co apoio da ONG local Cordes, e que está a ser cofinanciado pola Xunta de Galicia. Agareso participa dentro das actividades de sensibilización.

Durante a súa estadía en Galicia, dous pescadores e un representante de Cordes visitarán confrarías, lonxas, portos, depuradoras, o Igafa ou o centro de formación A Aixola.

Coñecer novas iniciativas que poidan adaptar ao seu contorno é o obxectivo desta xira que ao longo da semana levaraos a percorrer, entre outros puntos, Cambados, Lira, Vigo, Baiona, Cangas, Vilagarcía de Arousa e Corcubión. Nestes dous últimos lugares realizaranse asemade actos abertos á cidadanía co fin de concienciar sobre a situación dun país empobrecido como é El Salvador e a responsabilidade dos países do Norte.

Mapa de proxectos

Agareso Radio

Programa online

Axenda

Xunio 2016
30 31 1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 30 1 2 3