dosis-de-supervivenciaO documental ‘Pequenas doses de supervivencia: Os rostros do comercio xusto ecuatoriano’, amosa a realidade do comercio xusto visto desde a óptica das tres grandes áreas que forman o seu proceso produtivo: a colleita, a manufactura do produto e a distribución e venta tanto no comercio local como no exterior do país.

O documental narra a situación actual deste proceso, a través das experiencias vitais dos propios campesiños e do seu traballo nalgunha das liñas produtivas do comercio xusto.

O documental ten unha duración de 39 min. Versión en galego.

Pequenas doses de supervivencia: Os rostros do Comercio Xusto de AGARESO en Vimeo.

Blog: http://agaresoenecuador.blogspot.com/