A Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación de Santiago de Compostela acolle ata finais de mes, unha exposición de carteis cinematográficos sobre violencia de xénero. A mostra, formada por 20 carteis pertencentes á colección conservada polo Centro Galego de Artes da Imaxe/Filmoteca de Galicia, representan un percorrido por algunhas das múltiples formas e puntos de vista polos que o cine se ten aproximado á violencia de xénero ao longo da historia.
O protocolo estase a elaborar en consenso cos servizos sociais dos concellos, o Comité Español de Representantes de Persoas con Discapacidade (Cermi), Cruz Vermella, os Corpos e Forzas de Seguridade e a Fiscalía, entre outros colectivos. Os obxectivos principais son a prevención coa creación de novas ferramentas, a detección dos posibles casos e a atención e intervención.
O Centro de Recuperación Integral é unha obriga contida na lei 11/2007 para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero, que desenvolverá un modelo de atención integral baseado nun sistema coordinado de servizos, recursos e medidas de carácter social, laboral e económico.

Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-SenObraDerivada 3.0 Unported de Creative Commons
Icons by http://dryicons.com
Powered by Joomla | Proxecto web de AB Serveis Tecnològics