"Un reporteiro comprometido é algo máis que unha imaxe ou un millar de palabras. É un enviado especial a unha sociedade do futuro aliada coa esperanza"
Ocio e Cultura Solidarios Amosando elementos por tag documental

Agareso e Solidariedade Galega invitámosvos a asistir á presentación do documental “Non che doe?”, elaborado dentro do proxecto Brigadas Sanitarias en Nicaragua, que terá lugar este xoves 26 de xaneiro, ás 19.00 horas, na sede do Colexio Oficial de Médicos de Pontevedra (Rúa Echegaray, nº 8. Pontevedra).


As ONGD presentan este xoves 10 de novembro, ás 20.00 horas, o documental ‘Camiños de Paz. As Outras Voces de Israel e Palestina’ no Casino Mercantil de Pontevedra. Durante o acto inaugurase tamén a exposición “Outras voces de Israel” elaborada dentro do mesmo proxecto.

ACPP e AGARESO dan comezo este martes 4 de outubro a un ciclo de cinema sobre a ocupación palestina no Salón Multiusos da Facultade de Ciencias da Educación de Ourense.

Publicado Reportaxes

As dúas ONGD dan comezo este luns 6 de xuño a esta actividade no Salón de Graos da Facultade de Ciencias Políticas e Sociais da USC coa proxección do documental ‘Ao outro lado’ e remátana o venres 10 cunha charla do activista palestino Sami Dawood na Casa das Campás de Pontevedra.

O presidente de AGARESO, Juan de Sola; a delegada en Madrid, Rocío Cadahia; o fotoxornalista Antonio Grunfeld; e dous representantes de Amigos de la Tierra Madrid recolleron este xoves 2 de xuño da man da ministra de Medio Ambiente, Rosa Aguilar, o premio concecido ás dúas entidades sociais pola Fundación Biodiversidad.

Venres, 22 Abril 2011 18:34

De Sanxenxo o Sáhara: Vacacións en Paz




Dúas experiencias escollidas entre as miles de familias acolledoras de nenos e nenas, procedentes dos campamentos de refuxiados saharuis, é o argumento deste pequeno documental. 
O programa 'Vacacións en Paz' da asociación de Solidaridade co Povo Saharui traslada cada verán a milleiros de menores a España. Esta acción persegue facilitar a atención socio/sanitaria e evitar as altas temperaturas do deserto nos meses de xuño, xullo e agosto.
Nesta ocasión, o traballo de visibilización recolle a convivencia de dúas familias do municipio de Saxenxo (Pontevedra) e unha nena e un neno saharui durante o verán de 2008.
Posteriormente, o equipo de reporteiros trasladar ás Jaimas do deserto para coñecer a realidade social e familiar dos dous protagonistas da historia.

Bitácora do proxecto Agareso no Sáhara.


O centro cívico do Casco Vello de Vigo acolle o vindeiro 4 de abril a presentación do documental Antes de Crecer. Con este traballo Intervida quere achegar a realidade do traballo infantil en Bangladesh á poboación galega.

A asociación Mozas e Mozos organiza entre o 1 e o 10 de abril diversas actividades na sala Amalia Domínguez Búa, de Bueu (Pontevedra), en colaboración con outros colectivos do eido da cooperación para o desenvolvemento, a ecoloxía ou a economía social. Ao longo deste período permanecerá exposta no espazo municipal a mostra fotográfica de Amigos da Terra e AGARESO.

O documental “Golfo de Fonseca: A loita por un futuro sostible” realizado pola Asociación Galega de Reporteiros Solidarios (AGARESO) e Amigos da Terra gañou o segundo premio dentro dos galardóns que concede a Fundación Biodiversidad, na modalidade de comunicación e creación.

Publicado Reportaxes

Médicos Sin Fronteras, co apoio da Marcha Mundial das Mulleres e a colaboración da Obra Social de Novacaixagalicia, organiza a mesa redonda ‘Mulleres en situación de emerxencia: vulnerables e poderosas’.

Inicio
Anterior
1
Páxina 1 de 2

ESCOITA Agareso Radio

AGARESO Radio

Winamp  windows Media Player  Real Player  QuickTime


Axenda

Buscar

Calendario

« Maio 2012 »
Lun Mar Mer Xov Ven Sab Dom
  1 2 3 4 5 6
7 8 9 10 11 12 13
14 15 16 17 18 19 20
21 22 23 24 25 26 27
28 29 30 31