A Facultade de Ciencias da Universidade de Vigo, no Campus de Ourense, organiza un Ciclo de Cine Social e Solidario no que a entrada, para asistir a cada proxección, custará un quilo de comida.
A Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación de Santiago de Compostela acolle ata finais de mes, unha exposición de carteis cinematográficos sobre violencia de xénero. A mostra, formada por 20 carteis pertencentes á colección conservada polo Centro Galego de Artes da Imaxe/Filmoteca de Galicia, representan un percorrido por algunhas das múltiples formas e puntos de vista polos que o cine se ten aproximado á violencia de xénero ao longo da historia.
ACPP e AGARESO dan comezo este martes 4 de outubro a un ciclo de cinema sobre a ocupación palestina no Salón Multiusos da Facultade de Ciencias da Educación de Ourense.
Nas VI Xornadas Cultura e Desenvolvemento de Eutopía daranse cita boas prácticas co cine chegadas de África, América Latina e Europa, como Nómades, Fishara ou Pequenos Debuxos Animados.
O equipo de Agareso Radio Madrid prosigue coa súa programación. Esta é a quinta edición do seu programa insignia, "Descontaminarte", que profundiza sobre a actualidade, a cultura, a música e o cine grazas á laboura de Antonio Grunfeld, Rocío Cadahía, Ángela Hermoso e Fernando Pérez.
Download
Embed Insertar este video en tu web
ACSUR GALIZA organiza a presentación das curtas documentais “Minar” e “Sempre foron cinco” o mércores 13 de abril ás 19:00 horas na Galería Sargadelos (Rúa Nova,16. Santiago de Compostela).
CESIDA (Coordinadora Estatal de VIH-Sida) lanza o trailer do seu novo documental, onde os protagonistas, persoas con VIH, "dan a cara" e desvelan co seu testemuño o día a día co VIH.

Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-SenObraDerivada 3.0 Unported de Creative Commons
Icons by http://dryicons.com
Powered by Joomla | Proxecto web de AB Serveis Tecnològics