A transparencia, a calidade e a promoción da igualdade e a dignidade son a base da nosa filosofía. Ela inspira o quebracabezas de emocións que é este calendario, unha patria diversa e divertida na que conviven seres estraños, fronteiras de xoguete, bruxas, mulleres tan fortes como Hulk e peles da gama do arco iris.
Cáritas prevé un "repunte" en febreiro pola retirada dos 426 euros e Meniños pide actuar para "reverter" as taxas de exclusión.
Un ano máis, a Asociación Idade Dourada - Mensexeiros da Paz convoca a campaña do Nadal de ámbito nacional "Os maiores tamén cren nos Reis Magos", para a recollida e distribución de regalos a persoas maiores.
Amigos da Terra propón aos cidadáns/as que sexan un pouco máis conscientes nas festas do Nadal. Como consumidores/as, debemos botar unha man ao planeta, e levar a cabo, pequenas medidas que o transformarán nun Nadal máis responsable. Un bo exemplo é a Tarxeta de Exención de Agasallo.
O local de Amencer en Lourizán (Pontevedra) acolle ata o vindeiro 9 de decembro unha mostra de 77 tarxetas de felicitación elaboradas polos propios usuarios de ASPACE. A postal gañadora será empregada pola Federación para felicitar o Nadal de xeito institucional
As residencias de tempo libre das localidades de Carballiño (Ourense) e Panxón (Pontevedra) serán os escenarios que acollan os actos centrais das vacacións de Nadal para un total de 240 persoas maiores, co obxectivo de que pasen estas datas tan sinaladas en compaña. Así, as portas destes centros estarán abertas durante nove días e oito noites, é dicir, as xornadas comprendidas entre o 24 de decembro e o 1 de xaneiro.

Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-SenObraDerivada 3.0 Unported de Creative Commons
Icons by http://dryicons.com
Powered by Joomla | Proxecto web de AB Serveis Tecnològics