A Casa da Cultura de Allariz acolle a partir de hoxe unha vintena de retratos dos fotógrafos Grau Serra e Toni Rodríguez, un testimonio visual de persoas dos países nos que traballa Intervida.
A partir do vindeiro venres, 2 de marzo, e até o 30 do mesmo mes, a exposición Maquila boutique, de Implicadas no Desenvolvemento, permanecerá instalada na Casa das Mulleres da cidade de Vigo (R/ Romil nº 20). Maquila Boutique é unha exposición de artistas plásticas na que se denuncia a explotación na industria téxtil e se presentan posibles alternativas a esta explotación.
O proxecto de sensibilización ‘Coñecendo os pobos, achegando culturas’ que inclúe a organización da exposición de fotografía ‘Mulleres maias unidas, queremos ensinar, queremos aprender’, e co que colabora a Consellería de Benestar, poderá verse ata o próximo 7 de marzo no Centro Coordinador de Información e Documentación Xuvenil da praza do Matadoiro en Santiago de Compostela.
Do 10 de xaneiro ao 25 de febreiro de 2012 o CEIDA acolle na súa sala de exposicións a mostra “IX Certame de Fotografía Ambiental do Concello de Arteixo”, que recolle as fotografías galardonadas e participantes na edición 2011 deste concurso.
A Casa das Artes de Vigo acolle ata o próximo 30 de novembro a exposición "Portas. A vida que levamos, o mundo que queremos", unha ambiciosa mostra que intenta resumir en 500 m2 de proxeccións, carteis e paneis interactivos cal é a relación entre a vida nos países do Norte e o empobrecimiento dos países do Sur. O proxecto, organizado pola Plataforma 2015 e Más, integrada por 17 ONGD, está percorrendo España para reflexionar sobre as causas da pobreza.
O Colexio Fonseca de Santiago de Compostela acolle ata o próximo 2 de outubro, unha exposición de 135 fotografías pertencentes aos traballos que se recoñeceron na 19ª edición de "FotoPres" e que teñen como nexo común a reflexión sobre as condicións de vida de diversos países con situacións de conflito.
Dende este 1 de setembro ata o vindeiro 30 deste mesmo mes, o Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (CEIDA) de Oleiros (A Coruña) acolle a exposición "Golfo de Fonseca: A loita por un futuro sostible", organizada por Amigos da Terra e AGARESO.
A nova exposición de Intervida, Fame 0, chega ao mercado de Abastos de Ourense (Praza de Abastos, 1), onde se poderá visitar do 16 o 29 de xullo. Con esta exposición, Intervida trata de debuxar a situación actual da fame e reivindicar o dereito a unha boa alimentación en cinco bloques de información: Que provoca o fame? Como protexernos da fame? Como está a fame no mundo? Hai alternativas á fame? y Que proxectos funcionan?
O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade leva a Verín a exposición fotográfica do proxecto de cooperación realizado en Nicaragua pola ONGD Solidariedade Galega: ‘A Formación sociosanitaria como vía de desenvolvemento’, que reflexa tanto o esforzo realizado por medio do proxecto, como a cultura e a sociedade do pobo nicaraguense.
O centro cívico do Casco Vello de Vigo acolle o vindeiro 4 de abril a presentación do documental Antes de Crecer. Con este traballo Intervida quere achegar a realidade do traballo infantil en Bangladesh á poboación galega.

Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-SenObraDerivada 3.0 Unported de Creative Commons
Icons by http://dryicons.com
Powered by Joomla | Proxecto web de AB Serveis Tecnològics