O obxectivo do Seminario é capacitar xornalistas e futuros xornalistas no coñecemento da comunicación social e, máis concretamente, da comunicación para o desenvolvemento, impulsando así a difusión, promoción, denuncia e educación en materia de cooperación e solidariedade.
As aulas impartiranse entre o 28 de febreiro e o 15 de maio, os martes de 16 a 20 horas, na Facultade de Ciencias da Comunicación da USC, que colabora coa iniciativa. A actividade está dirixida tanto a xornalistas como a alumnado de Ciencias da Comunicación, e outorgaranse dous créditos de libre configuración. As persoas interesadas deben inscribirse antes do 19 de febreiro en Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo . As prazas son limitadas e o custe da matrícula é de 100 euros.
As bases da cooperación e a comunicación para o desenvolvemento, as boas prácticas informativas respecto dos colectivos en risco de exclusión e os discursos alternativos en torno aos países do Sur son só algunhas das cuestións que aborda o programa. O curso contempla mesmo unha visita voluntaria ao centro penitenciario da Lama, en Pontevedra, para coñecer os proxectos que alí desenvolve AGARESO.
Cinco asistentes completarán asemade esta formación nunha expedición á cidade fronteiriza de Nador (Marrocos). Alí traballarán no eido da comunicación sobre os diferentes proxectos promovidos na zona por ACPP e os seus parceiros locais en temas como saúde, emigración, xénero ou educación. O II Seminario ‘Xornalismo social e cooperación internacional’ conta co apoio económico da Xunta de Galicia.
Visite os blogs realizados polos alumnos da primeira edición do seminario neste enlace>>>.
Visite o blog realizado en terreo en Marrocos durante a parte práctica do seminario de 2011 neste enlace>>>.











