O que outros anos constituíra o Belén de Lavapiés, nesta ocasión e baixo o título de “Belén en tiempos revueltos” será de novo un acto sen fins de lucro para mostrar que o Belén que se celebra nos Nadais cristiáns “está lonxe da realidade actual en Palestina”. Desde o día 23 de decembro, con horario de 17 a 22 horas e con entrada gratuíta poderase visitar esta representación de apoio ao pobo palestino ata o 7 de xaneiro.
Neste belén atípico poderase ver unha representación da ocupación que Israel exerce sobre Palestina. En palabras de Leo Bassi, “para saír do buraco hai que volver reorientar as nosas prioridades e dar importancia ás cousas que o merecen”. Para máis información, visite o noso blog de Camiños de Paz.











