"Un reporteiro comprometido é algo máis que unha imaxe ou un millar de palabras. É un enviado especial a unha sociedade do futuro aliada coa esperanza"
Ocio e Cultura Solidarios Ecos do Sur quere acompañarte todos os días do 2012 a través do seu calendario
Venres, 23 Decembro 2011 09:47

Ecos do Sur quere acompañarte todos os días do 2012 a través do seu calendario

Escrito por agareso
Valore este artigo
(0 votos)
Calendario 2012 Calendario 2012

A transparencia, a calidade e a promoción da igualdade e a dignidade son a base da nosa filosofía. Ela inspira o quebracabezas de emocións que é este calendario, unha patria diversa e divertida na que conviven seres estraños, fronteiras de xoguete, bruxas, mulleres tan fortes como Hulk e peles da gama do arco iris.


Son doce obras de arte concentrada, doce reflexións positivas ao redor da interculturalidad, a diferenza e a inmigración, froito da mente aberta e os lapis xenerosos doutros tantos grandes ilustradores que aceptaron acompañarnos nesta viaxe de 365 días. Eles son Kiko Dasilva, Elías Taño, Carla Berrocal, Cristina Durán y Miguel Ángel Giner, Toni Seijas, Leandro Barea, David Pintor, Fran Bueno, Xaquín Marín, Jacobo Fernández, Belatz y Xurxo G. Penalta.

Este ano Ecos do Sur abre unha  nova etapa, chea de compromisos e proxectos, que cobran vida e continuidade cando adquires este calendario. Ti pechas o círculo da solidariedade. Coñécenos, apóianos e... fainos eco!

Podes facerche co calendario de parede Ecos do Sur 2012 por un prezo de 8 euros nos seguintes puntos de venda:

Librería Nova Colón, C/ Olmos, nº 9

Librería Cascanueces, C/ Cordonería, nº 10

Librería Sisargas, C/ Curros Enríquez, nº 9

Alita Cómics, C/Orzán 110, Rda de Nelle,  nº120

Tanxencias Cómics, Pza. Padre Rubinos, nº 14

Pub Dublín, C/ Panaderas, nº 50

Café O Alfaiate, C/ San Juan, nº 7

Café O’ Delito, C/ Tabares, nº 1

...E tamén na nosa sede (Ángel Senra, 25 1º) ou a través do correo electrónico Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

O importe íntegro dos beneficios recadados coa comercialización deste calendario será investido nun novo proxecto orientado á integración laboral dos colectivos máis vulnerables da cidade. Grazas por colaborar!

Impreso en papel solidario, 100 % libre de intolerancia. Contén altas concentracións de compromiso puro e conciencia social.

Ecos do Sur é unha ONG de Desenvolvemento con sede na Coruña e de ámbito estatal, que desde 1991 traballa pola integración dos colectivos en risco de exclusión social, desde unha perspectiva de servizo social integral. Desenvolvemos programas específicos de atención e orientación sociolaboral para: persoas inmigrantes e emigrantes retornadas, mulleres vítimas de violencia de xénero e trata, menores tutelados en centro de Administración Pública, poboación desempregada e poboación recluída e ex recluída.

Información adicional

  • Subtítulo:
agareso

agareso

ONGD Asociación Galega de Reporteiros Solidarios

Páxina web www.agareso.org E-mail: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

Engadir comentario


ESCOITA Agareso Radio

AGARESO Radio

Winamp  windows Media Player  Real Player  QuickTime


Axenda

Buscar

Calendario

« Maio 2012 »
Lun Mar Mer Xov Ven Sab Dom
  1 2 3 4 5 6
7 8 9 10 11 12 13
14 15 16 17 18 19 20
21 22 23 24 25 26 27
28 29 30 31