"Un reporteiro comprometido é algo máis que unha imaxe ou un millar de palabras. É un enviado especial a unha sociedade do futuro aliada coa esperanza"
Ocio e Cultura Solidarios Carteis de cine contra a violencia de xénero
Venres, 16 Decembro 2011 10:43

Carteis de cine contra a violencia de xénero

Escrito por agareso
Valore este artigo
(0 votos)

A Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación de Santiago de Compostela acolle ata finais de mes, unha exposición de carteis cinematográficos sobre violencia de xénero. A mostra, formada por 20 carteis pertencentes á colección conservada polo Centro Galego de Artes da Imaxe/Filmoteca de Galicia, representan un percorrido por algunhas das múltiples formas e puntos de vista polos que o cine se ten aproximado á violencia de xénero ao longo da historia.

Nesta pequeña mostra recóllense carteis de películas que abordan a violencia de xénero (ata hai ben pouco invisible tamén para o cine) con miradas cinematográficas moi diversas e polo tanto visións do mundo ás veces contrapostas. A visibilización desas situacións, a sensibilización e a concienciación de toda a sociedade no rexeitamento da violencia de xénero son algunas das claves para comezar a superala e, en consecuencia, lograr a iugaldade real entre mulleres e homes.

Diversas etapas e cinematografías

As películas cuxos carteis se exponen, corresponden a etapas históricas e cinematografías nacionais diversas, cunha mirada especial ao cine español, con referencia a Siete mil días juntos [1994] de Fernando Fernán-Gómez, Solas [Benito Zambrano, 1999]), Átame [Pedro Almodóvar, 1990], Hable con ella [Pedro Almodóvar, 2002] ou El patio de mi cárcel [Belén Macías, 2008]), así como a producións internacionais, como Corazones de hierro de Brian de Palma [1989] ou Sin perdón [Clint Eastwood, 2005]).

Esta exposición forma parte da programación da Secretaria Xeral de Igualdade (Xunta de Galicia)  para conmemorar o Día Internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres, considerando a potencialidade do cine como axente de socialización.

A mostra permanecerá na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación de Santiago de Compostela (Avda. Castelao, s/n - Campus Norte) ata o vindeiro 30 de decembro.

Máis información


Información adicional

  • Subtítulo:
agareso

agareso

ONGD Asociación Galega de Reporteiros Solidarios

Páxina web www.agareso.org E-mail: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

Engadir comentario


ESCOITA Agareso Radio

AGARESO Radio

Winamp  windows Media Player  Real Player  QuickTime


Axenda

Buscar

Calendario

« Maio 2012 »
Lun Mar Mer Xov Ven Sab Dom
  1 2 3 4 5 6
7 8 9 10 11 12 13
14 15 16 17 18 19 20
21 22 23 24 25 26 27
28 29 30 31