"Un reporteiro comprometido é algo máis que unha imaxe ou un millar de palabras. É un enviado especial a unha sociedade do futuro aliada coa esperanza"
Ocio e Cultura Solidarios Os Dereitos Humanos a través de ilustracións
Venres, 09 Decembro 2011 09:43

Os Dereitos Humanos a través de ilustracións

Escrito por agareso
Valore este artigo
(0 votos)

O centro comercial Área Central, en Santiago de Compostela, acolle unha exposición sobre a Declaración Universal dos Dereitos Humanos realizada polo Seminario Galego de Educación para a Paz con motivo da celebración do 63 Aniversario do que, probablemente, é o texto máis relevante e influínte do século XX. Consta de 32 paneis onde pódese ler o texto dos 30 artigos da Declaración Universal ilustrados polo artista Fausto Isorna.

Esta exposición veu percorrendo colexios e institutos durante os últimos tres anos cun notable éxito e ten, esencialmente, un carácter divulgador dos valores universais que a Declaración proclama. Acompáñase cun Minilibro cos Dereitos Humanos e co texto da Convención dos Dereitos de nenos e nenas.

Os actos conmemorativos do 63 Aniversario da Declaración Universal rematarán mañá, sábado día 10, ás 13:00 horas no centro comercial, cunha actuación musical do cantante galego Xoan Curiel, o reparto do citado Minilibro e a lectura pública dos 30 artigos da Declaración e o seu magnífico Preámbulo.

Así mesmo, na web do Seminario Galego de Educación para a Paz pódese acceder a moita máis información sobre estes actos, así como a un apartado específico onde o profesorado pode atopar numerosos recursos didácticos para abordar nas aulas esta celebración, nestas datas ou ao longo do curso académico.




Información adicional

  • Subtítulo:
agareso

agareso

ONGD Asociación Galega de Reporteiros Solidarios

Páxina web www.agareso.org E-mail: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

Engadir comentario


ESCOITA Agareso Radio

AGARESO Radio

Winamp  windows Media Player  Real Player  QuickTime


Axenda

Buscar

Calendario

« Maio 2012 »
Lun Mar Mer Xov Ven Sab Dom
  1 2 3 4 5 6
7 8 9 10 11 12 13
14 15 16 17 18 19 20
21 22 23 24 25 26 27
28 29 30 31