O estudantado coñecerá de preto que é a cooperación para o desenvolvemento e as distintas fases dun proxecto, con profesorado que conta cunha salientable experiencia sobre o terreo. Impartirase ao mesmo tempo un módulo de comunicación para o desenvolvemento e periodismo social, no que se analizará o valor dos medios como ferramenta para o cambio social, para o cambio das relacións Norte-Sur e para a integración dos colectivos en risco de exclusión.
A carga lectiva do curso ascende a 32 horas, aínda que non todas serán presenciais, e se empregará unha metodoloxía participativa, de carácter teórico-práctico. Ofértanse un total de 20 prazas que se cubrirán por rigorosa orde de inscrición.
Esta actividade encádrase no proxecto 'Mellora da educación e comunicación para o desenvolvemento na educación infantil, primaria e secundaria, e da formación en cooperación e comunicación para o desenvolvemento no ámbito universitario', apoiado pola Xunta de Galicia.
As persoas interesadas poden anotarse no teléfono 881 977 339.











