"Un reporteiro comprometido é algo máis que unha imaxe ou un millar de palabras. É un enviado especial a unha sociedade do futuro aliada coa esperanza"
Ocio e Cultura Solidarios A loita polo futuro sostible do Golfo de Fonseca recala en Cambados
Luns, 14 Novembro 2011 10:36

A loita polo futuro sostible do Golfo de Fonseca recala en Cambados

Escrito por agareso
Valore este artigo
(0 votos)
A loita polo futuro sostible do Golfo de Fonseca recala en Cambados Carlos Puga

Dende este venres, 18 de novembro, e ata o vindeiro 7 de xaneiro, o Pazo Torrado de Cambados (Pontevedra) acolle a exposición "Golfo de Fonseca: A loita por un futuro sostible", elaborada por AGARESO e Amigos da Terra. Proxectarase ademais o documental resultante da experiencia, premiado recentemente pola Fundación Biodiversidad.

AGARESO e Amigos da Terra, a través dun convenio de colaboración, comezaron no ano 2009 un proxecto de sensibilización para dar a coñecer en Galicia o traballo que a asociación ecoloxista leva a cabo no Golfo de Fonseca en temas de pesca artesanal sostible.

O primeiro paso foi o desprazamento a terreo de cinco reporteiros de AGARESO: a reporteira audiovisual, Laura López; o operador de cámara, Cristóbal Martín; o fotógrafo, Carlos Puga e as xornalistas, Estrella López e Eva Alonso, para visitar os proxectos que a asociación ecoloxista está a desenvolver en Nicaragua, O Salvador e Honduras, tres países que comparten esta zona, un ecosistema moi rico en diversidade biolóxica mariña - costeira.

Durante doce días os compoñentes de AGARESO tiveron a oportunidade de entrevistarse cas cooperativas de pescadores artesanais, con responsables de empresas galegas que contan con instalacións en O Salvador, institucións locais, cooperativas de mulleres e as contrapartes de Amigos da Terra, recollendo en formato dixital e a través de entrevistas os logros que se están acadando en diferentes aspectos, como a pesca artesanal sostible, a conservación dos recursos mariños ou a maior participación das mulleres no sector pesqueiro.

As 61 fotografías que engloban a mostra, o documental, así como o libro de fotografías e o blog elaborado durante a expedición, reflexan as vivencias e a situación medioambiental na que se atopa o Golfo de Fonseca.

Máis información

Información adicional

  • Autor:
agareso

agareso

ONGD Asociación Galega de Reporteiros Solidarios

Páxina web www.agareso.org E-mail: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

Engadir comentario


ESCOITA Agareso Radio

AGARESO Radio

Winamp  windows Media Player  Real Player  QuickTime


Axenda

Buscar

Calendario

« Maio 2012 »
Lun Mar Mer Xov Ven Sab Dom
  1 2 3 4 5 6
7 8 9 10 11 12 13
14 15 16 17 18 19 20
21 22 23 24 25 26 27
28 29 30 31