"Un reporteiro comprometido é algo máis que unha imaxe ou un millar de palabras. É un enviado especial a unha sociedade do futuro aliada coa esperanza"
Ocio e Cultura Solidarios A forza dunha testemuña
Venres, 04 Novembro 2011 22:10

A forza dunha testemuña

Escrito por Susana Maceiras
Valore este artigo
(0 votos)
A forza dunha testemuña Susana Maceiras

O grupo de teatro “As Poderosas” presenta en Madrid a súa obra homónima, tras rodar por varias cidades española, en casa América.

Telma Ajín, Rina Najarro, Lesbia Téllez, Adelma Esperanza Cifuentes, Eva Cifuentes, Rosa García e Telma Sarceño, xunto ás súas fillas e fillos, a actriz e directora Patricia Orantes, a psicóloga María del Carmen Navarro, o dramaturgo e director Marco Canale e a investigadora feminista Silvia Trujillo, crean en 2009 as Poderosas: un grupo de mulleres unidas por un pasado común e un proxecto conxunto que dá forma, voz e denuncia á violencia de xénero en Guatemala.

Este país combina unha realidade social e un sistema legal que deu as costas aos dereitos da muller e á defensa da súa integridade. A violencia doméstica está tratado no seu código penal como unha ofensa menor engadindo unha escasa protección cara ás vítimas e uns xuíces que miran cara ao outro lado.

A muller é a segunda vítima de abusos e violacións dos seus dereitos logo dos nenos en Guatemala. A combinación de conflito armado, exclusión social e un contexto maioritariamente paternalista quitou autonomía, liberdade e benestar á muller, pero non a súa voz. Por iso o proxecto das Poderosas pretende ser un achegamento, simple pero realista da situación, a chamada de atención sobre persoas que non están dispostas a vivir atrapadas.

A obra parte dos testemuños e vivencias dos seus protagonistas que, sen caer no sensacionalismo, presentan a realidade que non só se vive en Guatemala ou en Centroamérica, unha realidade que segue constituíndo un problema de todas as sociedades, que non entende nin de Norte nin de Sur, nin de ricos nin de pobres.

Co apoio do Centro Cultural de España en Guatemala e o Centro de Formación da Cooperación Española en La Antigua, e baixo a dirección de Marco Canale e Patricia Orantes, As Poderosas chegan a Madrid logo de recibir o recoñecemento especial no XXVI Festival Iberoamericano de Teatro de Cádiz, para reclamar ben alto a súa voz, a súa xustiza e os seus dereitos, porque elas son agora e para sempre “poderosas”


Las Poderosas from Marco Canale on Vimeo.

Información adicional

  • Subtítulo:
Susana Maceiras

Susana Maceiras

Susana Maceiras e licenciada en Ciencias Políticas por a Universidade de Santiago de Compostela. Tras anos de experiencia laboral combinando tarefas de prensa e xestión, decide especializarse na rama de Cooperación internacional, na que actualmente traballa.

E-mail: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

Engadir comentario


ESCOITA Agareso Radio

AGARESO Radio

Winamp  windows Media Player  Real Player  QuickTime


Axenda

Buscar

Calendario

« Maio 2012 »
Lun Mar Mer Xov Ven Sab Dom
  1 2 3 4 5 6
7 8 9 10 11 12 13
14 15 16 17 18 19 20
21 22 23 24 25 26 27
28 29 30 31