"Un reporteiro comprometido é algo máis que unha imaxe ou un millar de palabras. É un enviado especial a unha sociedade do futuro aliada coa esperanza"
A Facultade de Ciencias da Universidade de Vigo, no Campus de Ourense, organiza un Ciclo de Cine Social e Solidario no que a entrada, para asistir a cada proxección, custará un quilo de comida.
O concello de Pontecesures acolle a historia en imaxes de Salama e Jadidja, un neno e unha nena saharauís que forman parte do programa de Vacacións en Paz que trae cada verán a Sanxenxo a rapaces e rapazas que viven e crecen nos campos de refuxiados de Alxeria. A mostra fotográfica e o documental, elaborado por a Asociación Galega de Reporteiros Solidarios (Agareso) reflexa a súa experiencia estival en España e a súa vida cotiá no deserto.
Agareso e Solidariedade Galega invitámosvos a asistir á presentación do documental “Non che doe?”, elaborado dentro do proxecto Brigadas Sanitarias en Nicaragua, que terá lugar este xoves 26 de xaneiro, ás 19.00 horas, na sede do Colexio Oficial de Médicos de Pontevedra (Rúa Echegaray, nº 8. Pontevedra).
A Asociación Galega de Reporteiros Solidarios (AGARESO) e a ONG Asemblea de Cooperación pola Paz (ACPP) veñen de abrir o prazo para inscribirse na segunda edición do Seminario ‘Xornalismo social e cooperación internacional’. A acción formativa inclúe unha expedición a Marrocos onde cinco estudantes traballarán con ONG locais.
Invitámosvos a asistir á presentación do documental de Agareso “Non che doe?”, que terá lugar este mañá, venres 30 de decembro, ás 20 h, na Casa da Cultura de O Carballiño, Ourense, dentro das xornadas de Cine e Vídeo de Galicia (Xociviga).
Pallasos en Rebeldía colabora co “Belén en tiempos revueltos” que Leo Bassi promove no campo da Cebada, A Latina, Madrid. Todos os días e con entrada libre pódese visitar un belén que nos descubrirá “que o Belén que se celebra nos Nadais cristiáns esta lonxe da realidade actual en Palestina”. Ademais, o vindeiro mércores día 28 presentarase en Madrid o proxecto FestiClown Palestina.
A transparencia, a calidade e a promoción da igualdade e a dignidade son a base da nosa filosofía. Ela inspira o quebracabezas de emocións que é este calendario, unha patria diversa e divertida na que conviven seres estraños, fronteiras de xoguete, bruxas, mulleres tan fortes como Hulk e peles da gama do arco iris.
A Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación de Santiago de Compostela acolle ata finais de mes, unha exposición de carteis cinematográficos sobre violencia de xénero. A mostra, formada por 20 carteis pertencentes á colección conservada polo Centro Galego de Artes da Imaxe/Filmoteca de Galicia, representan un percorrido por algunhas das múltiples formas e puntos de vista polos que o cine se ten aproximado á violencia de xénero ao longo da historia.
O centro comercial Área Central, en Santiago de Compostela, acolle unha exposición sobre a Declaración Universal dos Dereitos Humanos realizada polo Seminario Galego de Educación para a Paz con motivo da celebración do 63 Aniversario do que, probablemente, é o texto máis relevante e influínte do século XX. Consta de 32 paneis onde pódese ler o texto dos 30 artigos da Declaración Universal ilustrados polo artista Fausto Isorna.
A través da rede REAL CODE, promovida por docentes das tres universidades galegas, esta semana celebran o seu primeiro encontro presencial para establecer liñas de traballo conxuntas.