Nouakchott, 15 de maio de 2012 – Dende finais de xaneiro, preto de 160.000 persoas fuxiron de Mali e asentáronse en campos de refuxiados en Mauritania, Burkina Faso e Níxer. A inestabilidade no seu país segue a ser moi alta e as súas esperanzas de poder regresar nun futuro próximo vanse esvaecendo pouco a pouco. Ademais, outra ameaza cae agora sobre os refuxiados: a estación de choivas está a piques de chegar e o despregue da axuda complicarase aínda máis nas próximas semanas.
A relatora da ONU sobre Trata de Persoas urxiu ao goberno de Thailandia a tomar medidas máis efectivas para combater a trata de persoas.
Unhas 200 familias están a ser trasladadas diariamente ao campo de Ifo 3, cuxas instalacións aínda carecen dos servizos mínimos, mentres o campo de Ifo 2, que ten o equipamento necesario, permanece pechado.
O 20 de xuño de cada ano celébrase o Día Mundial do Refuxiado. Dende a súa creación en 1951 o ACNUR protexeu decenas de millóns de refuxiados. Neste día é importante destacar a protección daquelas persoas que tiveron que saír dos seus fogares a causa da violencia e o medo deixándoo todo atrás. Existen máis de 42 millóns de persoas que tiveron que deixalo todo; 16 millóns de refuxiados fóra dos seus países e 26 millóns de desprazados internos.
Neste último mes son varios os campamentos de refuxiados que a miña profesión me levou a visitar. Como en calquera conflito tan só varían as paisaxes, as caras adoitan ter a mesma expresión, os nenos son nenos en calquera lugar.
O Alto Comisionado da ONU para os Refuxiados (ACNUR) urxe aos países a adoptar novas medidas para responder ao desprazamento de poboación provocado por factores climáticos tanto dentro do seu territorio como cara a fóra das súas fronteiras.
Medio litro de auga ao día por persoa, catro duchas portátiles para unha media de oitocentas persoas. Tendas de campaña sen ancoraxes nin lastre que as suxeite ante os embites das tormentas do deserto. Deficiencias importantes na recollida de residuos, estanques de augas fecais e un menú escaso e "variado" composto por cuscús e macarróns. Nesas condicións subsisten os centos de miles de refuxiados libios nalgúns dos campamentos.
AGARESO publica unha serie de videos editados pola xornalista Amaia López de Munain e o fotoxornalista Omar Havana acerca da realidade dos refuxiados que subsisten na fronteira libio-tunecina.
ACNUR, co apoio de Intervida, despregará nas provincias da fronteira norte de Ecuador, con Colombia, un programa de integración educativa para a poboación infantil de refuxiados e solicitantes de asilo colombianos. O obxectivo é garantir o acceso á educación dos menores desprazados mediante a supresión de todas as barreiras que o impiden.

Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-SenObraDerivada 3.0 Unported de Creative Commons
Icons by http://dryicons.com
Powered by Joomla | Proxecto web de AB Serveis Tecnològics