Publicación que recolle, a través da imaxe, a problemática que enfrontan as comunidades de pescadores/as artesanais do Golfo de Fonseca (Centroamérica), así como os logros alcanzados nos proxectos de cooperación ao desenvolvemento realizados con elas por Amigos da Terra desde 2004.
O acto desenvolverase este martes, 31 de maio, no Centro Social Novacaixagalicia de Vigo. Incluirá a presentación do libro de fotografías e o documental do proxecto 'O Golfo de Fonseca. A loita por un futuro sostible' realizado en colaboración entre Amigos da Terra e AGARESO. Conecta aquí .
A asociación Mozas e Mozos organiza entre o 1 e o 10 de abril diversas actividades na sala Amalia Domínguez Búa, de Bueu (Pontevedra), en colaboración con outros colectivos do eido da cooperación para o desenvolvemento, a ecoloxía ou a economía social. Ao longo deste período permanecerá exposta no espazo municipal a mostra fotográfica de Amigos da Terra e AGARESO.
O documental “Golfo de Fonseca: A loita por un futuro sostible” realizado pola Asociación Galega de Reporteiros Solidarios (AGARESO) e Amigos da Terra gañou o segundo premio dentro dos galardóns que concede a Fundación Biodiversidad, na modalidade de comunicación e creación.
Amigos da Terra e a Asociación Galega de Reporteiros Solidarios (AGARESO), a través dun convenio de colaboración, desenvolven un proxecto de sensibilización para dar a coñecer o traballo que leva a cabo no Golfo de Fonseca (Honduras, O Salvador e Nicaragua) en temas de pesca artesanal sostible.

Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-SenObraDerivada 3.0 Unported de Creative Commons
Icons by http://dryicons.com
Powered by Joomla | Proxecto web de AB Serveis Tecnològics