A Federación Galega de Parálise Cerebral (ASPACE-Galicia) , en colaboración coa Sala Ensanche, puxeron en marcha a organización dun concerto solidario do grupo vigués Por Placer para recadar fondos en beneficio do colectivo de persoas con parálise cerebral de Galicia.
A Casa das Artes de Vigo acolle ata o próximo 30 de novembro a exposición "Portas. A vida que levamos, o mundo que queremos", unha ambiciosa mostra que intenta resumir en 500 m2 de proxeccións, carteis e paneis interactivos cal é a relación entre a vida nos países do Norte e o empobrecimiento dos países do Sur. O proxecto, organizado pola Plataforma 2015 e Más, integrada por 17 ONGD, está percorrendo España para reflexionar sobre as causas da pobreza.
Unha das derradeiras accións reivindicativas dos “indignados” da Acampada de Vigo foi a entrega (o luns día 6) de tarxetas de desemprego a un banco galego co que un deles ten unha hipoteca dende hai de 11 anos que agora non poderá afrontar por estar no paro.
O acto desenvolverase este martes, 31 de maio, no Centro Social Novacaixagalicia de Vigo. Incluirá a presentación do libro de fotografías e o documental do proxecto 'O Golfo de Fonseca. A loita por un futuro sostible' realizado en colaboración entre Amigos da Terra e AGARESO. Conecta aquí .
Entre unha trintena e medio cento de persoas participan de xeito activo no Campamento de Vigo aportando propostas, como a necesidade dunha lei hipotecaria, que xa existe noutros países, para evitar o endevedamento das familias e dos mozos.
Ningunha das concentracións e acampadas que se estenden por todo o estado deixou a rúa. Madrid comezou o 21 de Maio con decenas de miles de persoas "berrando en silencio", recibindo deste xeito a xornada de reflexión e a decisión da Xunta Electoral Central, que a noite do xoves declarou ilegal as concentracións no día de reflexión.
A Escola Feminista Implicadas no Desenvolvemento pretende proporcionar un espazo de coñecemento e debate no que as persoas que se moven no mundo da cooperación poidan ampliar as bases do seu traballo dende unha óptica feminista plural.
A ODS-Coia, xunto ao GAS (Grupo de Axitación Social) lanza unha campaña que leva por título: "Fronte a crise máis dereitos sociais e para todas" que quere denunciar a estrechez das políticas de rendas mínimas en tempos de crise.
O humorista vigués Cándido Pazó participará na II Edición de Monólogos Solidarios, organizada por Intermón Oxfam Vigo a favor de Tanzania.
Médicos Sin Fronteras, co apoio da Marcha Mundial das Mulleres e a colaboración da Obra Social de Novacaixagalicia, organiza a mesa redonda ‘Mulleres en situación de emerxencia: vulnerables e poderosas’.

Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-SenObraDerivada 3.0 Unported de Creative Commons
Icons by http://dryicons.com
Powered by Joomla | Proxecto web de AB Serveis Tecnològics