O documental Non che doe? (Non che doe?) recolle o traballo dunha brigada sanitaria de Solidariedade Galega. O audiovisual foi realizado pola ONGD AGARESO (Asociación Galega de Reporteiros Solidarios) e está contado en primeira persoa. Profesionais da menciña e enfermaría de Galicia desprázanse cada ano a lugares como Nicaragua, para dedicar tres semanas das súas vacacións a prestar atención sanitaria a persoas sen recursos.
Os dous países teñen declarado o Estado de Emerxencia e Calamidade Nacional despois de sufrir fortes inundacións
No barrio "a primavera" do Distrito VI de Managua habitan mulleres que resistiron a violencia de xénero. A solidariedade transforma o barrio onde se mobiliza o grupo de mulleres.
O grupo de SensiCom (Sensibilización-Comunicación) de Enxeñería sen Fronteiras proxecta en Santiago de Compostela vídeos, curtas, documentais e filmes relacionados con Nicaragua, Honduras, Sáhara ou tecnoloxías apropiadas.
| Proxecto |
Brigada Sanitaria en Nicaragua |
| Localización | Nicaragua |
| Data | Novembro 2010 |
| Equipo | Loreto Costa y Miguel Caruncho |
| Blog | http://agaresoennicaragua.blogspot.com |
O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade leva a Verín a exposición fotográfica do proxecto de cooperación realizado en Nicaragua pola ONGD Solidariedade Galega: ‘A Formación sociosanitaria como vía de desenvolvemento’, que reflexa tanto o esforzo realizado por medio do proxecto, como a cultura e a sociedade do pobo nicaraguense.
Farmamundi Galicia presenta a xira de teatro “Globalicemos a Solidariedade” que terá lugar os días 11 e 12 de abril en salas de A Coruña e Santiago de Compostela con representacións críticas e comprometidas do Colectivo de Mulleres de Matagalpa, ONG nicaragüense que traballa con Farmamundi dende 1998 en proxectos de acceso a medicamentos, saúde sexual e reproductiva e empoderamento da muller, entre outros aspectos.
Eranga Samarakoon de Bio Foods está moi contenta de vir a España a ser a voz dos centos de familias de Sri Lanka que se dedican a cultivar té ou jengibre para a súa exportación. Nun correcto inglés explica en que medida cambia a vida das comunidades rurais ao poder acceder cos seus produtos ao mercado internacional.
Coñecer os rostros e as voces que están detrás de cada paquete de café ou de cada bolsa de té que compramos nas tendas de comercio xusto é imprescindible para poder entender que un consumo responsable e con regras xustas si pode cambiar a vida da xente nos países en vías de desenvolvemento.
A ONGD Paz e Desenvolvemento impulsou esta actuación no municipio de Totogalpa co Instituto de Promoción Humana como parceiro sobre o terreo. O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade achegou 50.000 euros á iniciativa que involucra a poboación nos orzamentos e no desenvolvemento local.

Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-SenObraDerivada 3.0 Unported de Creative Commons
Icons by http://dryicons.com
Powered by Joomla | Proxecto web de AB Serveis Tecnològics