"Un reporteiro comprometido é algo máis que unha imaxe ou un millar de palabras. É un enviado especial a unha sociedade do futuro aliada coa esperanza"
Multimedia Mostra Fotográfica Amosando elementos por tag Golfo de Fonseca

Son as seis da mañá e unha vintena de veciños de Cedeño espérannos, pas en man, para ir limpar o río. Aproveitan estes días para pór en marcha accións ambientais "porque non hai pesca". De feito, tan só unha barca saíu hoxe á mar, segundo a captura que traia nas súas redes a asociación de pescadores tomará a decisión de mandar ou non mañá a traballar ás súas embarcacións.

Publicado Reportaxes



Publicación que recolle, a través da imaxe, a problemática que enfrontan as comunidades de pescadores/as artesanais do Golfo de Fonseca (Centroamérica), así como os logros alcanzados nos proxectos de cooperación ao desenvolvemento realizados con elas por Amigos da Terra desde 2004.

Descarga o libro

Dende este venres, 18 de novembro, e ata o vindeiro 7 de xaneiro, o Pazo Torrado de Cambados (Pontevedra) acolle a exposición "Golfo de Fonseca: A loita por un futuro sostible", elaborada por AGARESO e Amigos da Terra. Proxectarase ademais o documental resultante da experiencia, premiado recentemente pola Fundación Biodiversidad.

Dende este 1 de setembro ata o vindeiro 30 deste mesmo mes, o Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (CEIDA) de Oleiros (A Coruña) acolle a exposición "Golfo de Fonseca: A loita por un futuro sostible", organizada por Amigos da Terra e AGARESO.

O presidente de AGARESO, Juan de Sola; a delegada en Madrid, Rocío Cadahia; o fotoxornalista Antonio Grunfeld; e dous representantes de Amigos de la Tierra Madrid recolleron este xoves 2 de xuño da man da ministra de Medio Ambiente, Rosa Aguilar, o premio concecido ás dúas entidades sociais pola Fundación Biodiversidad.

O acto desenvolverase este martes, 31 de maio, no Centro Social Novacaixagalicia de Vigo. Incluirá a presentación do libro de fotografías e o documental do proxecto 'O Golfo de Fonseca. A loita por un futuro sostible' realizado en colaboración entre Amigos da Terra e AGARESO. Conecta aquí .

A asociación Mozas e Mozos organiza entre o 1 e o 10 de abril diversas actividades na sala Amalia Domínguez Búa, de Bueu (Pontevedra), en colaboración con outros colectivos do eido da cooperación para o desenvolvemento, a ecoloxía ou a economía social. Ao longo deste período permanecerá exposta no espazo municipal a mostra fotográfica de Amigos da Terra e AGARESO.

O máximo responsable da asociación intermunicipal do Golfo de Fonseca no Salvador, Ricardo Jiménez, recibiu aos reporteiros que integraron a expedición do proxecto AGARESO no Golfo de Fonseca na sede da súa asociación, que aglutina a 13 municipios e que se atopa situada en pleno centro de Conchagua, municipio veciño á Unión.

Publicado Entrevistas

O documental “Golfo de Fonseca: A loita por un futuro sostible” realizado pola Asociación Galega de Reporteiros Solidarios (AGARESO) e Amigos da Terra gañou o segundo premio dentro dos galardóns que concede a Fundación Biodiversidad, na modalidade de comunicación e creación.

Publicado Reportaxes

Ata o vindeiro 17 de febreiro, a sala de exposicións da Delegación Territorial da Xunta de Galicia en Pontevedra acolle a exposición “Golfo de Fonseca: A loita por un futuro sostible”, organizada por Amigos da Terra e AGARESO (Asociación Galega de Reporteiros Solidarios). As imaxes da mostra realizounas en terreo o reporteiro de AGARESO Carlos Puga.

Inicio
Anterior
1
Páxina 1 de 2

ESCOITA Agareso Radio

AGARESO Radio

Winamp  windows Media Player  Real Player  QuickTime


Axenda

Buscar

Calendario

« Maio 2012 »
Lun Mar Mer Xov Ven Sab Dom
  1 2 3 4 5 6
7 8 9 10 11 12 13
14 15 16 17 18 19 20
21 22 23 24 25 26 27
28 29 30 31