Do 27 de outubro ao 5 de novembro, Madrid será sede das diferentes actividades nacidas na Rede de Centros da Axencia de Cooperación Española, unha semana de encontros para coñecer, gozar e reivindicar a cultura sen límites nin prexuízos
Mohammed Naser, Dalal Altegi e Mohammed Abed son tres ciudadans palestinos que sufren os efectos do conflicto bélico entre árabes e israelíes. "Palestina sen barreiras" e unha viaze o sufrimiento das persoas con dificultades sensoriais, psicolóxicas e de movilidad. Pero, sobre todo, e unha viaxe a esperanza.
Do 2 ao 8 de setembro celébrase a semana da cooperación, unha iniciativa promovida dende a Axencia Española de Cooperación ao Desenvolvemento (AECID) coa participación de numerosas ONG, en torno ao labor da cooperación e os cooperantes españois. Este ano, ten como lema "O valor de dar futuro", co que se quere poñer de relevo que a cooperación para o desenvolvemento non é un acto asistencial nin de caridade senón unha canle para acompañar, basicamente mediante financiamento e apoio técnico, os países e poboacións máis vulnerables do planeta no seu desenvolvemento, co fin de lograr unha sociedade global máis xusta.
Durante os días 25, 26 e 27 de xullo celebrouse na UIMP de Santander unha nova edición dos seminarios que coordina e organiza a axencia Interpress Service (IPS) financiado e promovidos pola AECID. Os países do Sur reivindican non só voz propia senón un xeito diferente de enfocar a cooperación dende o eixe Sur-Sur, que tamén debe reflectirse nunha comunicación ata o día de hoxe pensada e monopolizada polo Norte.
CIC BATÁ convoca un Encontro e Laboratorio de Acción en Educación e Comunicación para o desenvolvemento, que persegue o intercambio de experiencias que fomenten a participación activa da cidadanía na transformación das súas realidades.

Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-SenObraDerivada 3.0 Unported de Creative Commons
Icons by http://dryicons.com
Powered by Joomla | Proxecto web de AB Serveis Tecnològics