InteRed Galicia organiza en Santiago de Compostela, o día 12 outubro de 2011 unha Xornada formativa co título: “Masculinidades para reforzar a equidade de Xénero”, que levarán a cabo especialista do Centro Bartolomeu das Casas do Salvador. O Salvador. Nestas xornadas reflexionarase sobre a identidade masculina e a súa estreita relación coa violencia de xénero exercida, principalmente, por homes e as estratexias para a cultura de paz.
O planeta conta xa con 506 millóns de mulleres analfabetas e o número segue crecendo posto que nos países en desenvolvemento, se hai que escolarizar un neno ou unha nena, se adoita priorizar ao primeiro. Como consecuencia diso contan xa trinta e sete millóns de nenas sen escolarizar no mundo.
No barrio "a primavera" do Distrito VI de Managua habitan mulleres que resistiron a violencia de xénero. A solidariedade transforma o barrio onde se mobiliza o grupo de mulleres.
O Centro Fonseca de A Coruña acolle o undécimo ciclo de conferencias organizado por Entreculturas. Este ano, as Nacións Unidas conmemorou o centenario do Día Internacional da muller baixo o lema “A igualdade de acceso á educación, a capacitación e a ciencia e tecnoloxía: O camiño cara o traballo decente da muller”.
Farmamundi Galicia presenta a xira de teatro “Globalicemos a Solidariedade” que terá lugar os días 11 e 12 de abril en salas de A Coruña e Santiago de Compostela con representacións críticas e comprometidas do Colectivo de Mulleres de Matagalpa, ONG nicaragüense que traballa con Farmamundi dende 1998 en proxectos de acceso a medicamentos, saúde sexual e reproductiva e empoderamento da muller, entre outros aspectos.
Cinco ONGD organizan unha xuntanza con mulleres do rural galego e produtoras de Comercio Xusto de América Latina, Asia e África.
Médicos Sin Fronteras, co apoio da Marcha Mundial das Mulleres e a colaboración da Obra Social de Novacaixagalicia, organiza a mesa redonda ‘Mulleres en situación de emerxencia: vulnerables e poderosas’.
Coñecimos á súa nai ó pouco de chegar a Tánxer. Apenas levabamos 24 horas en Marrocos cando visitamos a asociación 100% Mamá. Un grupo de cinco reporteiros, membros de Agareso, impacientes por comeza-lo noso primeiro proxecto internacional de xornalismo social. A asociación é un espazo de liberdade onde as nais solteiras poden agarda-la chegada dos seus fillos e coidalos cando nacen, lonxe de miradas inquisitorias e de reproches.
Os recios estereotipos enfrentan a muller europea da africana na filosofía de vida a seguir. Unha investigación académica contrasta a imaxen prefabricada que un colectivo proxecta sobre outro e viceversa. As mulleres do continente do sur defende a sua condición en distintos ordes da vida como: familia, sociedade, sexo, traballo, saude ou amistade.
A sucesión de crus testemuños só teñen o freo do locutor de turno que se limita a escoitar, emulando a laboura do psicólogo social máis reputado da vila. A radio volve ser o medio das oportunidades para os menos favorecidos; unha canle onde a sinceridade é unha norma obrigada. Esa mañá, o receptor exhibe un lazo violeta. A musicalidade está compoesta dun compromiso real e esperado por todos os oíntes.

Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-SenObraDerivada 3.0 Unported de Creative Commons
Icons by http://dryicons.com
Powered by Joomla | Proxecto web de AB Serveis Tecnològics