A Consellería de Traballo e Benestar reforzará en 2012 o seu apoio ás persoas con discapacidade. Así, nos orzamentos do próximo exercicio resérvase unha partida de 15 millóns de euros para apoiar a inserción laboral deste colectivo.
O erudíto danes Nikolaj Grundtvig inspirou esta iniciativa social que utiliza a autobiografía como instrumento de reproxectación trala experiencia penitenciaria. O traballo se fai con persoas privadas da liberdade por estar internas, ben en centros penitenciarios ou en centros de menores. O Proxecto está formado por socios de diferentes países: Francia, República Checa e España. Máis concretamente, dende a EPAPU de Ourense son mozos e mozas dos centros de rehabilitación de Monteledo e Montefiz os benefeciarios dun programa bautizado como Proxecto Grundtvig 'Corazón Afastado'.
Lorena e Juan chegan á hora prevista co seu improvisado estudo de radio móbil. Pasados os primeiros controis atopámonos con Roberto. Leva 9 anos cumprindo condena e é un dos contertulios de “Noutra Onda”, un microespacio de liberdade que cada semana poñen en marcha desde Onda Cero-Pontevedra Juan de Sola e Lorena Páramo.
O fotógrafo Óscar Dacosta acompañou durante un mes a Laia Pallés, unha moza de 27 anos de Sabadell (Cataluña), con síndrome de Down.
O curso enmarcase dentro das actividades do proxecto 'Galicia Insire' de apoio á creación de empresas de inserción laboral en Galicia, promovido pola Asociación de Empresas de Inserción de Galicia AEIGA e cofinanciado pola Obra Social de Caixa Galicia.

Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-SenObraDerivada 3.0 Unported de Creative Commons
Icons by http://dryicons.com
Powered by Joomla | Proxecto web de AB Serveis Tecnològics