Queren axudar e saben cómo. Lonxe de Salvaterra do Miño, nun país onde o frío é unha das súas claves nacionais, un grupo de nenos, residentes en varios orfanatos, recibirán, dentro dunhas semanas, un forte abrazo dende España. É a axuda humanitaria que, nestes intres, viaxa, a bordo dun camión, camiño dun antigo país ex soviético.
Unha singular peregrinación, tramo a tramo, do Camino a Compostela. Os usarios da Federación Aspace - Galicia non desperdiciaron a oportunidade de mostrar diferentes capacidades como fórmula básica para acadar obxectivos persoais e sociais. Durante a última semana do mes de setembro de 2010, un amplo equipo de persoas comprometidas pisaron as empedradas rúas de Santiago como incontestable proba da autosuperación.
Atenuar las luces Embed Insertar este video en tu web
En novembro de 2009 unha expedición de Agareso acompañou á Asociación Solidariedade San Roque nun proxecto de entrega de Axuda Humanitaria en Ucraína. O reto convertíase na primeira expedición da ONGD no vello continente e serviu para visibilizar que en Galicia tamén se sabe ser pioneiros en materia de axuda social directa noutras latitudes.
Un equipo de AGARESO estivo en novembro de 2009 en Kiev (capital de Ucraína) para dar cobertura a un ambicioso proxecto de reparto de axuda humanitaria en destino.

Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-SenObraDerivada 3.0 Unported de Creative Commons
Icons by http://dryicons.com
Powered by Joomla | Proxecto web de AB Serveis Tecnològics