Coñecimos á súa nai ó pouco de chegar a Tánxer. Apenas levabamos 24 horas en Marrocos cando visitamos a asociación 100% Mamá. Un grupo de cinco reporteiros, membros de Agareso, impacientes por comeza-lo noso primeiro proxecto internacional de xornalismo social. A asociación é un espazo de liberdade onde as nais solteiras poden agarda-la chegada dos seus fillos e coidalos cando nacen, lonxe de miradas inquisitorias e de reproches.
O Tribunal de Apelación de Tánxer ratificou a pena de tres anos de cárcere para Jorge Cano e Juan José Ramírez, os dous mariñeiros españois aos que Marrocos acusa de tráfico de drogas.
A expedicion de AGARESO en Tánxer (Marrocos) atopuse con dous refuxiados de Liberia que foron estafados ao intentar cruzar o Estreito.
Encontro da expedicion de Agareso 2010 en Marrocos con mulleres subsaharianas nun humilde barrio da cidade de Tánxer.

Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-SenObraDerivada 3.0 Unported de Creative Commons
Icons by http://dryicons.com
Powered by Joomla | Proxecto web de AB Serveis Tecnològics