Jorge Cano e Juan José Ramírez defenden desde o pasado 5 de xuño de 2010 a súa honradez e denuncian a falta de xustiza que se está aplicando contra eles. Víronse atrapados nunha realidade na que un xulgado lles acusa, sen probas, e pide unha condena de tres anos de cárcere e un millón de euros de indemnización por unha suposta posesión e intento de tráfico de estupefacientes.
A decisión final é potestade do Tribunal de Apelación. Para esixir a súa liberación, os reporteiros de AGARESO que investigaron esta vulneración dos dereitos humanos publicaron varias reportaxes e crearon unha plataforma na rede social Facebook: Liberdade para Jorge e Juan.
Atenuar las luces Embed Insertar este video en tu web
Atenuar las luces Embed Insertar este video en tu web











