"Un reporteiro comprometido é algo máis que unha imaxe ou un millar de palabras. É un enviado especial a unha sociedade do futuro aliada coa esperanza"
Multimedia AG TV
AG TV

AG TV (5)

Mira e comparte as pezas audiovisuais de AGARESO.

Mércores, 04 Maio 2011 10:09

O I Seminario de Xornalismo en Cooperación en A Radio

Escrito por agareso
Valore este artigo
(1 vote)

Visita o proxecto de comunicación para o desenvolvimento de AGARESO no Centro Penitenciario de A Lama por parte dos alumnos do I Seminario deXornalismo Social e Cooperación Internacional.

agalega.info - Videos das noticias dos informativos da TVG



Luns, 01 Novembro 2010 18:38

Lugo sen fogar

Escrito por Pedro Agrelo
Valore este artigo
(4 votos)

O proxecto ‘ Lugo sen fogar’ dirixe unha mirada de comprensión e de escoita sobre unha realidade que para unha parte da sociedade resulta incómoda ou indiferente. As imaxes cóntannos como ‘ os outros’ non están só no Sur. Están entre nós. E tamén nos queren facer chegar as imaxes algo máis importante, a idea de que calquera de nós podería ser un deles, a comprensión de que nunhas circunstancias persoais similares, probablemente nós estariamos igual e levariamos un modo de vida semellante.

Non se trata de presentar ás persoas sen fogar cunha visión que oculte os aspectos negativos da súa vida. Tampouco se trata de presentalos para facer xuicios éticos. A cámara de Pedro Agrelo buscou comprender e escoitar a persoas coas que o autor do proxecto fixo por coincidir durante meses, nun traballo de vagar, onde o primeiro non era contar senón coñecer e logo contar. Con este proxecto, realizado principalmente na cidade de Lugo, téntase tamén denunciar o déficit de servizos de asistencia e de inserción social que se lle ofrecen ás persoas sen fogar.


Lugo sen fogar from AGARESO on Vimeo.

Domingo, 15 Agosto 2010 11:49

Liberdade para Jorge e Juan

Escrito por agareso
Valore este artigo
(1 vote)

Dous españois foron inxustamente acusados de traficar con drogas no Estreito. Perdéronse e acabaron na beira marroquí. Alí, as autoridades atribúenlles un cargamento sen probas. AGARESO investigou o caso e esixe a liberdade para Jorge e Juan nunha plataforma en Facebook.

Mércores, 11 Agosto 2010 10:13

De Liberia ao Estreito

Escrito por agareso
Valore este artigo
(1 vote)

A expedicion de AGARESO en Tánxer (Marrocos) atopuse con dous refuxiados de Liberia que foron estafados ao intentar cruzar o Estreito.

Martes, 10 Agosto 2010 15:48

Deportadas da esperanza

Escrito por agareso
Valore este artigo
(0 votos)

Encontro da expedicion de Agareso 2010 en Marrocos con mulleres subsaharianas nun humilde barrio da cidade de Tánxer.

ESCOITA Agareso Radio

AGARESO Radio

Winamp  windows Media Player  Real Player  QuickTime


Axenda

Buscar

Últimos comentarios

Calendario

« Febreiro 2012 »
Lun Mar Mer Xov Ven Sab Dom
    1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29