María Lobo é xornalista e interésalle a comunicación como ferramenta de participación e cambio social. Traballa como educadora en proxectos para o fomento da alfabetización mediática, a cidadanía, o pensamento crítico e a comunicación para o desenvolvemento.
Sempre cerca do eido audiovisual, ten experiencia como realizadora e montadora para diferentes televisións e produtoras, aínda que nos últimos anos especializouse no traballo con organizacións sociais e culturais. Dende o ano 2014, é tamén parte do equipo de Agareso onde traballa como técnica de educación e comunicación para a transformación social.