Lucía Mbomio leva traballando como reporteira en televisión máis dunha década, mantendo sempre a súa loita activista contra os estereotipos recistas que impregnan a nosa sociedade. A primavera de 2018, participou no VIII Seminario de Xornalismo Social e Cooperación Internacional coa finalidade de facer chegar ao alumnado a realidade dos medios de comunicación de masas, así como do cine e da publicidade, e para propoñer alternativas ao discurso hexemónico racista.

Aproveitando esa visita a Galicia, o voluntariado de Agareso realizou esta entrevista, dentro do proxecto Referentes, para colaborar na visibilización da loita das mulleres racializadas contra o racismo, moitas veces aparentemente superado, pero que segue latente na nosa sociedade.