Xornalista especializada en dereitos humanos, cooperación e comunicación para o cambio social. Lorena Seijo comezou a súa carreira profesional como reporteira de prensa escrita, pero o seu interese polo xornalismo internacional levárona a estudar un máster na Universidad Complutense de Madrid sobre como informar dos “países do sur”. As prácticas internacionais desta especialización, motivou o seu traslado no  2002 a Guatemala para traballar nun xornal, onde ofreceríanlle un contrato que a mantivo no país centroamericano durante 7 anos. Alí tivo a oportunidade de informar sobre as desigualdades, sobre os pobos indíxenas, sobre as consecuencias do conflito armado, sobre o crime organizado e de coñecer o traballo das ongd en defensa dos dereitos humanos e comezou a súas primeiras colaboracións con elas. No 2009 retornou a Galicia, fíxose voluntaria de Agareso, e no 2011 tiña a súa primeira oportunidade laboral como técnica de voluntariado. De seguido pasaría a ser responsable de Cooperación e traballaría durante dous anos como técnica de proxectos de ACPP Galicia. No 2016 ofrecéronlle ser coordinadora a tempo completo de Agareso, función que continúa exercendo ata o día de hoxe.