Haydee Castillo foi detida o domingo 14 de outubro de forma arbitraria no aeropuerto internacional Augusto C. Sandino de Managua (Nicaragua), cando viaxaba xunto con Lottie Cunningham, presidenta do Centro por la Justicia y Derechos Humanos de la Costa Atlántica de Nicaragua (Cedhjucan) á sede da CIDH. Foi trasladada pola policía sandinista ao cárcere de Chipote, onde a súa familia di que a oíron cantar a todo pulmón Nicaragüita dende a súa cela.

Perseguida, vixiada, ameazada e -agora- encarcerada. É o prezo que paga Haydee Castillo tras máis de 20 anos dedicada a defender os Dereitos Humanos en Nicaragua. Non ten medo. Cre xusta a súa causa. Precisamente, o pasado xoves comezabamos con ela a publicación da serie de entrevistas Referentes‘, coa que as persoas voluntarias de AGARESO queremos nutrir o debate público coas voces de mulleres indispensables para entender distintas loitas e contextos.

É estarrecedor, pero imprescindible, escoitar hoxe a súa voz.

Viva a levaron e viva a queremos. Haydee Castillo, non estás soa.