O Concello de Santiago vén de aprobar as primeiras axudas en Cooperación Internacional por convocatoria aberta da súa historia e, grazas a elas, teremos a oportunidade de gravar en Guatemala un documental sobre o dereito a unha educación digna.

Traballaremos dende este mesmo mes de outubro, man a man con Arquitectura sen Fronteiras, nun audiovisual que visibilice, en primeiro lugar, a situación educativa do Municipio de Champerico e da rexión costeira do Municipio de Retalhuleu, en Guatemala, coas súas problemáticas relacionadas co proceso pedagóxico e coas infraestruturas; e, en segundo lugar, que reflicta unha serie de boas prácticas, no pedagóxico e infraestructural, que sirvan como modelo para dar resposta aos problemas e déficits atopados.

Encargaranse da execución deste proxecto Antonio Grunfeld e Rocío Cadahía, que xa contan coa experiencia previa do documental Derecho a un techito.