Baixo o lema “Participando e construíndo futuro”, máis de 70 profesionais e persoas en situación ou risco de pobreza ou exclusión social reflexionarán e debatirán sobre as dificultades para a súa inclusión social e para aumentar as súas posibilidades de acadar un emprego.
¿Como dar voz aos colectivos e persoas que non a teñen? Non é unha pregunta con resposta fácil. O que parece claro é que tanto medios comunicación como organizacións non gobernamentais teñen que facer un esforzo para procurar estratexias que saquen á luz as opinións, os sentimentos e as reivindicacións dos seus beneficiarios.
A Rede Galega de Loita contra a Pobreza (EAPN Galicia) clausurou o I Foro Galego de Pobreza, Exclusión Social, Terceiro Sector e Voluntariado. Dende as políticas ás persoas, que reuniu en Santiago de Compostela a representantes de máis de vinte ONG, administración, empresas e sindicatos de Galicia para analizar durante dúas xornadas a problemática da pobreza e a exclusión social dende o triplo punto de vista habitual en EAPN: europeo, español e galego.
A Rede Galega de Loita contra a Pobreza (EAPN Galicia) inaugurou o I Foro Galego de Pobreza, Exclusión Social, Terceiro Sector e Voluntariado. Dende as políticas ás persoas, que reúne en Santiago de Compostela a representantes de máis de vinte ONG, administración, empresas e sindicatos de Galicia para analizar durante dúas xornadas a problemática da pobreza e a exclusión social dende o triplo punto de vista habitual en EAPN: europeo, español e galego.
O encontro celebrarase o 30 de xuño e o 1 de xullo e pretende ser o primeiro dos encontros anuais de referencia que en Galicia afronten toda esta problemática a niveis europeo, estatal e galego.
Ata o 15 de xullo fotógrafos afeccionados, especialmente persoas participantes en programas contra a pobreza e a exclusión, poderán enviar fotografías. O Parlamento de Galicia e o Valedor do Pobo forman parte do xurado.
Representantes de 187 organizacións non lucrativas galegas presentamos a Campaña XSOLIDARIA que cada ano leva a cabo para incidir na necesidade de marcar o cadro de Fins Sociais na Declaración da Renda e contribuír así, co 0,7% da súa cota íntegra, a programas dirixidos a colectivos en risco de pobreza e exclusión social.
A través dun convenio entre Infojobs e EAPN-España cofinanciarán o Encontro de Participación 2011, de ámbito europeo. O 75% dos participantes serán persoas en situación de pobreza e/ou exclusión social.
Co apoio da Fundación Galicia Europa e de EAPN España, celébrase o vindeiro 24 de novembro na Escola Galega de Administración Publica (EGAP) en Santiago de Compostela.

Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-SenObraDerivada 3.0 Unported de Creative Commons
Icons by http://dryicons.com
Powered by Joomla | Proxecto web de AB Serveis Tecnològics