As Coordinadoras Autonómicas de ONGD, reunidas en Barcelona no marco do seu IX Encontro Anual, piden ao novo goberno do Estado, e aos gobernos autonómicos, que non eliminen das súas axendas as políticas de loita contra a pobreza nun contexto de crise global.
A Coordinadora Galega de ONGD para o Desenvolvemento (CGONGD) organiza os próximos 26 e 27 de setembro o curso, "O enfoque baseado en dereitos humanos (EBDH) na cooperación internacional para o desenvolvemento". Este curso, destinado a entidades e organismos vinculados á cooperación ao desenvolvemento e aos profesionais e voluntariado que forman parte deles, pretende presentar o EBDH como un novo marco capaz de mellorar a calidade e a eficacia da cooperación.
Os movementos sociais integrados na Coordinadora Galega de ONGD (CGONGD) e na campaña Pobreza Cero presentaron este mércores, en Compostela, os actos para acadar un Pacto Galego contra a Pobreza, nos que participa AGARESO.
A Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento pon en marcha a campaña 100 Km x 1 Pacto = Pobreza 0. Con esta iniciativa quérese acadar un Pacto Galego contra a Pobreza.

Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-SenObraDerivada 3.0 Unported de Creative Commons
Icons by http://dryicons.com
Powered by Joomla | Proxecto web de AB Serveis Tecnològics